Punto de Encontro Familiar –  Ourense

Que é un Punto de Encontro Familiar

Artigo 2. Definición

Para os efectos deste decreto enténdese por punto de encontro familiar (PEF) o servizo que facilita, preserva a relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situación de crise, procura a seguridade e o benestar das e dos menores, favorece a relación coas súas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

Os puntos de encontro familiar constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que ten por obxecto favorecer a relación entre as e os menores e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.

A intervención dos puntos de encontro familiar terá carácter temporal e desenvolverana profesionais nun lugar neutral e terá como obxectivo principal a normalización da situación conflitiva.

DECRETO 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia.