Construíndo feminismo anticapitalista dende o 2000
As nosas aliadas
Amigas da Terra é unha das organizacións aliadas da Marcha Mundial das Mulleres a nivel mundial. Tamén na Galiza traballamos con elas en diferentes accións e convocatorias.
Coas compañeiras de BDS traballamos visibilizando a loita das mulleres Palestinas, organizando actividades e acompañando e apoiando o magnífico traballo que realizan.
Galegas 8M é a plataforma galega na que participamos en torno da organización do 8M dende o ano 2018. Un espazo galego de autoorganización do feminismo.
Co Comité Galego de Solidariedade Mar de Lumes traballamos na visibilidade da loita das mulleres feministas doutros pobos e territorios. Apoiando ademáis as campañas internacionalistas e antiimperialistas que as compañeiras poñen en marcha.
Moitas das nosas activistas son tamén parte das Batucadas Feministas que Tamborililás puxo en marcha da Galiza. Inspiradas nas nosas irmás do Brasil os tambores son parte da nosa loita.
Organizacións coas que traballamos en diferentes ámbitos e que son para nós referenciais nos campos nos que traballan.