De este VII Encontro emanaron a partir dunha redacción consensuada, varios documentos, de entre os que destaca o Informe de Europa focado sobre o tema da crise financeira que se está a dar no mundo. Tamén se realizou a presentación do libro da Marcha Mundial das Mulleres, comemorativo dos 10 anos de historia, e publicado nos idiomas que utiliza a Marcha.
O foro de SoberanÃa Alimentaria e a Feira que tiveron lugar durante o fin de semana, foron acontecementos que arrouparon e complementaron o Encontro, e polo seu carácter público conseguiron sumar a cidadanÃa galega ao proxecto de soberanÃa alimentaria compartido pola Marcha Mundial das Mulleres con moitos outros colectivos sociais galegos.
A Manifestación do domingo polas rúas de Vigo trouxo milleiros de persoas á Marcha, organizadas en torno ao movimento feminista, representacións de todas as partes do paÃs acompañaron o proxecto do feminismo internacional, e numerosas organizacións mixtas apoiaron esta mobilización galega e internacional.