Actualmente somos 36 organizacións e un número indefinido de mulleres individuais as que conformamos a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.
A actividade da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza remóntase ao ano 2000, ano no que se constitúe a Coordenadora Galega, e no que participamos na Mobilización Europea celebrada en Bruxelas.
Desde entón, e aÃnda tendo diferenzas nos campos de actuación e sectores sociais e ideolóxicos aos que representamos, únennos os obxectivos da Marcha Internacional: a loita contra a pobreza e contra a violencia de xénero.
Unha loita que na Galiza pasa por medidas concretas e efectivas que nós sintetizamos nunha táboa reivindicativa que guÃa todas as actuacións da Coordenadora Galega e nos permita negociar e esixir ás distintas institucións, a súa concretización real.
Desde o seu comezo, a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres combina a participación nas campañas a nivel mundial (participación nos Encontros Internacionais, Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, Manta Mundial da Solidariedade…) e o deseño de campañas propias axeitadas á nosa realidade máis próxima, nomeadamente arredor das datas do 25 de Novembro, DÃa Internacional contra a Violencia de Xénero, e do 8 de Marzo, DÃa Internacional das Mulleres.
Ademais, no ano 2004, Galiza acolleu na cidade de Vigo o Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres, no que participaron máis de 40.000 mulleres galegas e de toda Europa.
En outubro deste ano Galiza acollerá o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.