A Ruta Pacífica das Mulleres, denuncia o asasinato dunha das suas integrantes en Medellín


En circunstancias que evidencian a ignominia da violencia e a degradación da sociedade, foi asasinada en Medellín a integrante da Ruta Pacífica das Mulleres, Olga Mariña Vergara.

Esta líder feminista e pacifista, de ampla traxectoria na capital antioqueña polo seu traballo en favor das mulleres, foi masacrada xunto co seu fillo, nora e neto na súa propia casa no sector de Prado Centro este mércores 24 de Setembro de 2008.

“Estas mortes e esta masacre son inadmisibles. É así como a Ruta Pacífica das Mulleres -proposta política feminista que traballa pola visibilización dos efectos da guerra na vida das mulleres-, rexeita categoricamente estes feitos, que demostran unha vez máis a degradación da guerra e da sociedade, pois as condicións e as circunstancias nas que ocorreron, son de suma gravidade. É así como instamos ás autoridades a investigar e determinar os móbiles do sucedido”, sinalou Mariña Gallego Zapata, coordinadora Nacional da Ruta Pacífica das Mulleres.

Así mesmo, a Coordinadora do movemento salientou que a Ruta Pacífica das Mulleres continúa e persiste na procura para que o tema das violencias contra as mulleres non quede en axendas públicas de quenda e como noticias circunstanciais. “O noso interese é establecer un compromiso ético e político para terminar coa impunidade e a permisividad social acerca das violencias que se exerce contra as mulleres e máis na situación de conflito que enfronta o noso país”.

A este rexeitamento polo asasinato de Olga Mariña Vergara e tres membros da súa familia únense as organizacións sociais feministas do país que converxen na Ruta Pacífica das Mulleres, as cales traballan conxuntamente pola tramitación negociada do conflito armado en Colombia e pola visibilización dos efectos da guerra na vida das mulleres.

Estas mesmas organizacións expresan a súa solidariedade e acompañamento á familia de Olga Mariña Vergara.

Venres, 26 de Setembro de 2008

Por un fogar, un país, un planeta libre de medos, guerras e violencias.

RUTA PACIFICA DE LAS MUJERES:

  • Telf’s: ANTIOQUIA – (4)2844079, BOGOTA (1)2229172/76, BOLIVAR – (5)6663992, CAUCA – (2)8317939, CHOCO – (4)6713804, PUTUMAYO – (8)4274058, RISARALDA – (6)3332042, SANTANDER – (7)6477559, VALLE DEL CAUCA – (2)8854656, COORDINACION EJECUTIVA NACIONAL (1) 2229145 / 46
  • Fax: (1)2229170
  • Web: www.rutapacifica.org.co
  • Correo-e: comunicaciones@rutapacifica.org.co

_______________

Enlaces relacionados:

Colombia.indymedia.org/archives/archive_by_id.php?id=1197&category_id=7
Colombia.indymedia.org/news/2008/09/93232.php

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram