Nos últimos días estamos tendo numerosas noticias de agresións a mulleres coa submisión química como método para o abuso. Varias denuncias no noso país póñennos en alerta e cremos que temos que falar de como nos armamos e protexemos ante estas prácticas. Se sintes que algo anda mal pide axuda, se alguén pide axuda dálla.
A maior ferramenta que temos contra o patriarcado é a sororidade.
Se notas unha picada estando de festa:
Non penses que foi unha sensación, é un novo método de submisión química para agresións sexuais.
Pide axuda (á seguranza, ás amigas, camareiras…)
Informa á policía, acode a un hospital para pedir un protocolo de submisión química.
Manifesto da Coordenadora Local da Louriña da Marcha Mundial das Mulleres ante o acontecido coa veciña do Porriño, no 28 de xullo de 2022:
Querémonos libres, sen medo e vivas. Este lema feminista non é vacuo de contido. Está vixente e por el nos volvemos concentrar hoxe aquí.
A uns escasos 500 metros deste lugar, ata o luns pasado, unha vivenda do concello do Porriño volveuse converter, durante seis longos días, nunha caverna de terror para unha muller. Nel, un home sentiuse con dereito de privala de liberdade, de dignidade, de poder amputarlle os seus dereitos, como humana, máis básicos. Aquí, ao noso lado, un mozo de 26 anos sentiuse con lexitimidade de exercer a forza e o dominio que o patriarcado lle transmitiu que ten.
Isto demóstralle, a aqueles que o poñen en dúbida, que a violencia machista sistémica segue aquí, entre nós; e mantense nas novas xeracións. Non é algo do pasado superado; senón que se mantén con forza na nosa mocidade. Non é un acaso. Os discursos violentos ós que asistimos, o ataque frontal aos nosos dereitos e liberdades como mulleres, menosprezando as nosas denuncias, teñen estas consecuencias.
Como xa dixemos, este é un problema sistémico, do propio sistema social que construímos. E como tal debe ser tratado. E iso lévanos a facernos preguntas.
Debemos preguntarnos como un home en busca e captura por un “caso similar”, tal e como o cualifica a prensa, podía estar na súa casa, cunha muller secuestrada. Supoño que debía estar ben aparcado e por iso a policía non o molestou.
Debemos preguntarnos como, despois de que a familia denunciase a súa desaparición, a ninguén se lle ocorrese ir chamar á porta da casa da súa exparella, un home en busca e captura por violentar unha muller.
Debemos tamén preguntarnos se esta vai ser, outra volta, unha ocasión na que o sistema xudicial patriarcal nos vai decepcionar. Unha ocasión na que humille e desprece unha muller fortemente violentada, pero que, seguramente, fixo algo que lles parece que relativiza o feito polo agresor, secuestrador, violador.
Mais sempre en toda noite aparece unha estrela que dá luz. Neste caso, como tamén é habitual, a luz vén da comunidade. Foi unha veciña quen deu a voz de alarma, quen se agouchou para recoller os papeis de socorro e quen creu. Porque é fundamental crer, apoiar, darnos a voz que nos roubaron ás vítimas. E iso só o podemos facer todas e todos nós: o poder da comunidade. A fortaleza da acción comunal é tan grande como nós queiramos que a sexa. E, neste caso, salvou unha vida.
Como somos conscientes desa forza grupal, mulleres da Louriña conformamos a Marcha Mundial das Mulleres aquí, na nosa comarca. Con forza, con vontade de que o patriarcado encontre unha parede grande e valente que lle diga: chega xa! Querémonos libres, sen medo e vivas!!!
Ponse en marcha unha campaña masiva de reclamacións para evitar unha nova desfeita coa sanidade en Ourense, desta volta pretenden desprazar os bebés prematuros de menos de 30 semanas a Vigo.
Paremos o desmantelamento da Sanidade pública xa!
Compartimos as reclamacións das nosas compañeiras de PETRA Maternidades Feministas:
“Sumamos á difusión dun novo atropelamento na atención sanitaria ás bebés e familias. Unha vez máis a administración sanitaria galega non é quen de dar unha solución que non sexa reorganizar derivando a unidades que están a 100 km como pouco.
Isto tradúcese por exemplo en que se es un bebé que nace prematuramente nun hospital de Ourense serás trasladado a 100 km do domicilio dos teus pais. Todas sabemos o que implica a prematuridade dun bebé no impacto dunha muller. Parécenos inxustificable recurtar nesas unidades. Asumir un desprazamento que pode durar dous meses e que non van permitir a presenza continua da sua nai como pouco.
Exiximos que se antepoñan as suas necesidades nas mesas das tomas de decisións.”
Neste 28 de xuño, Día do Orgullo, dende a coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos o compromiso de toda a sociedade coa loita por conquistar Dereitos para TODAS.
En momentos nos que os discursos fascistas atopan altofalantes e medran nunha sociedade na que o lucro e o consumo vertebran a vida das persoas é máis importante que nunca alzar a voz e posicionarse con claridade contra as ideoloxías reaccionarias que negan dereitos.
O feminismo é a ferramenta máis potente que temos para loita contra o patriarcado, o capitalismo, o racismo e o imperialismo, e para conquistar dereitos sociais e políticos para todas. Non seremos unha voz cómoda para quen pretenda, en nome do feminismo, decidir quen debe ou non conquistar os dereitos que lle corresponden e estaremos en fronte de aquel feminismo LGBTFóbico que pretenda excluír a compañeiras de loita.
Como mulleres lésbicas esiximos visibilidade e o fin das discriminacións que sufrimos, como os problemas que se colocan ao rexistro das crianzas cando non estamos casadas.
Como mulleres trans esiximos unha Lei Trans que poña fin ás violencias institucionais que se exercen sobre nós e os nosos corpos para o recoñecemento da nosa identidade.
Como mulleres bisexuais esiximos o fin da estigmatización e a invisibilidade dentro e fóra do movemento e o recoñecemento das violencias que recibimos da heteronorma.
Como mulleres con diversidade funcional esiximos o fin da invisibilización e o paternalismo machista que nos considera mulleres de segunda.
Como mulleres negras esiximos o fin do racismo en todas as súas expresións, as nosas vidas importan!
Como mulleres migrantes esiximos o fin das Leis de Extranxería que nos criminalizan e someten a procesos de violencia institucional e xenofobia impedindo que podamos procurar unha vida digna.
Como mulleres empobrecidas esiximos o fin dun sistema criminal como o capitalista que coloca o lucro por diante das vidas.
Como mulleres rurais esiximos o dereito á terra e a vivir con dignidade e servizos públicos de calidade nas nosas aldeas.
Como mulleres galegas esiximos que o noso pobo poda exercer o seu dereito á autodeterminación en pé de igualdade co resto de pobos do mundo.
Como mulleres que somos organizámonos para transformar a sociedade e construír un mundo de xustiza social sen violencias no que sermos plenamente libres.
CONCENTRACIÓNS convocadas polo feminismo alego en resposta ao feminicidio de Jessica Méndez, veciña de Barro. Súma a túa localidade/coletivo e demos unha resposta galega contundente a este novo crime!
CONVOCATORIAS:
A Coruña, 20h Obelisco
A Guarda, 20h Praza do Reloxo
As Pontes, 20h Praza do Hospital
Ames, 20h Praza da Maia
Betanzos, 20h Palco da Música
Carballo, 20h30 Praza do Concello
Carnota, 20h Praza da Pedra
Catoira, 20h Alameda do Concello
Compostela, 20h Praza 8M
Ferrol, 20h diante do Concello
Lugo, 20h diante do Concello
Moaña, 19h15 Praza do Concello
O Porriño, 20h Praza do Concello
Ourense, 20h na Castañeira
Poio, 20h Parque Rosalía de Castro – Ferreiros
Pontevedra, 20h na Peregrina
Vigo, 20h no Marco
Vilagarcía, 20h Praza de Galicia
PROTOCOLO DO FEMINISMO GALEGO: Por acordo do feminismo galego no momento en que teña lugar un feminicidio na Galiza convocaranse MOBILIZACIÓNS pasadas 24h da confirmación en presa escrita do sucedido. Este acordo ten como obxetivo respostar aos feminicidios e organizar con maior forza as mobilizacións.
O feminismo galego ateigou as rúas de reivindicación e loita feminista reclamando o fin das violencias, da discriminación e deste sistema ecónomico que atenta contra a vida. Por un feminismo forte os 365 días do ano.
Este 8M de 2022 vivimos grandes mobilizacións en toda Galiza demostrando a forza do feminismo galego. Se hai racismo non é feminismo, patriarcado e capital alianza criminal, se hai transfobia non é feminismo ou mulleres contra a guerra, mulleres contra o capital foron palabras de orden que resoaron nas rúas de todo o país nas voces de milleiros de mulleres. Unha xornada de denuncia das desigualdades e dun sistema inxusto que nos nega vidas dignas!
Recollemos aquí unha galería de imaxes de todo o país!
As Pontes
As Pontes
As Pontes
Barreiros
Barreiros
Barreiros
Betanzos
Betanzos
Chantada
Chantada
Compostela
Compostela
Compostela
Compostela
Coruña
Ferrol
Ferrol
Ferrol
Lalín
Lalín
Lalín
Lugo
Lugo
Lugo
Lugo
Lugo
Monforte
Ordes
Ordes
Ordes
Ordes
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Pontevedra
Pontevedra
O Porriño
O Porriño
O Porriño
O Porriño
O Porriño
Ribadavia
Terra Chá
Terra Chá
Terra Chá
Terra Chá
Verín
Verín
Vigo
Vigo
Vigo
Vigo
Vila de Cruces
Vila de Cruces
Vila de Cruces
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Allariz
Allariz
Allariz
Allariz
Se a túa localidade non está envíanos as fotos a nacional@feminismo.info !!!
Emprego digno · Sistema Público de Coidados · Saúde Pública de Calidade · Dereito á Vivenda · Alimentación e Suministros garantidos.
Hai máis de 100 anos que o 8 de marzo é a principal data reivindicativa do calendario feminista. Esta longa traxectoria actualízase en cada lugar do mundo e en diferentes momentos da historia como un instrumento da acción e da loita colectiva das mulleres. Na Galiza de hai 104 anos, un 8 de marzo as mulleres da comarca de Ferrolterra iniciavan unha revolta fronte aos tiranos e os caciques polo pan e unha vida digna, ao berro de “Temos fame, abaixo os acaparadores” xa entón as mulleres traballadoras amosaban ao pobo o camiño da revolta.
Sabemos que hai moito máis tempo que as mulleres son parte da loita pola emancipación e xa resistian e construían alternativas ás moitas formas de dominación. Reunir ás diversas mulleres de todo o mundo en torno dunha data é esencial para construír un suxeito político colectivo que ten raíces e historia e que coloca a igualdade a liberdade como eixos de loita.
Neste 2022 as galegas enfrontamos unha fenda salarial dun 19 e o 46,7% das traballadoras cobran menos do SMI. A temporalidade, ocupamos o 76,7% dos traballos parciais, e a precariedade, moitos dos contratos asinados por mulleres duran menos dun mes, convirten ás mulleres galegas na face da pobreza no noso país. As nosas pensionistas teñen de media 10 anos menos de cotización que os homes e un 36% das desempregadas non percibe nengún tipo de subsidio por desemprego. As mulleres galegas traballamos ademáis no sector dos servizos, o 87% das asalariadas mulleres o estan neste sector, que é un dos de maior perda de dereitos laborais o que convirte a conciliación nun papel mollado na nosa realidade diaria. O 20,05% das mulleres estaban en risco de pobreza ou exclusión social en Galiza en 2020 e a cousa non mellora.
Os recortes seguen golpeando en maior medida ás mulleres no noso país e alá onde foron aplicados: recortes en programas de prevención e atención ás mulleres agredidas, recortes dos programas relacionados coa educación e a crianza, recortes na sanidade que repercuten nos tratamentos específicos relacionados coa saúde das mulleres, desmantelamento de políticas públicas de igualdade e vivenda, exclusión social e pobreza. O 94% das axudas a través das rendas de inserción social para familias monoparentais en Galiza con para mulleres.
Vivimos unha ofensiva do capital transnacional sobre os nosos territorios que tamén impactan gravemente no noso pobo e na vida das mulleres. A destrucción do medio e a explotación dos recursos naturais trae consigo a destrucción dos modos de vida e a economía tradicional que sirven de apoio a miles de mulleres para enfrontar o impacto do capitalismo e da súa economía depredadora. Esta ofensiva depredadora da minería e o extractivismo tamén tivo en fronte a organización e a loita das mulleres na defensa do territorio.
Todos estos datos económicos evidencian que a alianza patriarcado capital continúa a pór en risco a vida das mulleres e os territorios e require dun confronto social e institucional que teña no feminismo unha das súas ferramentas imprescindíbeis.
Nun estado cada día máis antidemocrático asistimos ao crecemento de sectores conservadores e a súa influencia na política e na economía. Devolver ás mulleres aos roles tradicionais é a proposta deste sector consevador para xustificar o recorte dos servizos públicos. Dende quen defende limitar o dereito ao aborto pate quen propón eliminar os programas de igualdade para manter a explotación das mulleres no ámbito doméstico. O capitalismo, o patriarcado e o racismo manteñen deste xeito ás mulleres nunha situación de desigualdade con menos acceso á renda e aos dereitos.
Tamén observamos que o feminismo se amplia e enraiza, virou unha axenda xeral da sociedade e non só dos movementos feministas organizados. Hai múltiples grupos e formas de actuar, mas tamén contidos comúns que pasan por recoñecer o carácter patriarcal e racista do capitalismo e a centralidade da axenda do coidado, a importancia de defender a diversidade afectivo-sexual, a necesidade de afirmar valores democráticos e formas horizontais de poder e a importancia da autoorganización das mulleres.
Mas fronte a este crecemento hai unha reacción do mercado para incorporar o ideal de liberdade e igualdade. Basta ver a linguaxe feminista empregada en propaganda de roupa e cosméticos vinculada ao 8M polas mesmas empregsas que explotan o traballo e a vida das mulleres ou os apelos á participación na folga de mulleres de persoeiras vinculadas ao capital e ao poder. Isto banaliza e tira radicalidade ao feminismo, como sabemos o mercado tenta facer do feminismo o “novo espírito” do capitalismo global. Pretenden converter o noso movemento político en máis un obxeto de consumo asimilando nom só a estética senón parte esa parte da mensaxe máis desvinculada da crítica profunda do sistema capitalista.
A Marcha Mundial das mulleres fai unha crítica integral ao actual modelo e aposta por un feminismo antisistema que se opoña á actual orde capitalista, patriarcal, racista, heteronormativo e colonial. Sabemos que esa aposta non é fácil nen cómoca, mas é a máis coherente coa nosa defensa dunha sociedade con novas relacións, con outras formas de organizar o traballo, de garantir a substentabilidade da vida e onde exista espazo para novas subxetividades baseadas na autonmía e a igualdade. Sabemos tamén que o horizonte de transformación e formas de loita constrúense en cada momento analizando o contexto e como as forzas dominantes operan, por iso neste momento na Galiza a loita pola democracia, polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro, contra a guerra, pola soberanía alimentar e a defensa do territorio e contra a explotación capitalista son eixos esenciais da axenda do feminismo para crear unha axenda de mobilización e transformación social.
Por iso neste 8M de 2022 queremos que a nosa campaña fale de dereitos reais para as mulleres traballadoras galegas, defendendo a necesidade de empregos dignos para vidas dignas, dun sistema público de coidados que dé resposta as necesidades sociais e coloque os coidados no centro, o dereito a acceder a unha vivenda en condicións dignas que nos permita desenvolver os nosos proxectos de vida así como políticas que garantan os suministros e a alimentación como dereitos básicos fronte á especulación e a acumulación capitalista e unha defensa férrea da sanidade pública como outro piar básico dunha sociedade xusta na que todas vivamos dignamente.
Seguimos comprometidas en construír un feminismo que transforme o mundo e a vida das mulleres e para iso afirmar o carácter anticapitalista, antipatriarcal e antirracista do feminismo é esencial para construír unha sociedade diferente que coloque a vida no centro.
Seguimos en marcha até que todas sexamos libres. Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres. 8 de marzo de 2022.
A tensión e a escalada militar que se está a producir na Europa do Leste nos últimos días e que alcanzou a súa cimeira a raíz das declaracións de Vladimir Putin ten consecuencias perigosas para os pobos da Europa. Rusia e Ucraína. O envío diario de soldados e a carreira armamentística no medio do belicismo do imperialismo fan que a situación sexa moi preocupante. O mundo está de novo ao borde dunha guerra, tras as ambicións imperialistas, polos intereses económicos, desexosas de demostrar as súas pretensións de gran Estado. O custo desta guerra será moi elevado, especialmente para os pobos da Ucraína, Rusia, Europa e todos os países da rexión.
Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sempre afirmamos o noso compromiso coa loita pola paz e o rexeitamento á guerra e á militarización da sociedade. Porque a guerra é unha das expresións máis vivas da discriminación das mulleres e das crianzas.
A coordenación da Marcha Mundial das Mulleres da rexión de Oriente Medio e Norte de África – MENA denuncia a guerra contra o pobo ucraíno, que se dirixe especialmente a mulleres e crianzas. Destacamos a magnitude do impacto desta guerra na rexión árabe, especialmente as zonas de conflito nas mulleres e crianzas de Palestina, Iemen, Líbano e Siria. Expresamos a nosa preocupación polos ataques ás mulleres e crianzas contra o seu dereito á paz e á seguranza; e tamén o temor de que a poboación sufra o mesmo destino que as mulleres e os nenos palestinianos polo roubo das súas terras e os ataques diarios contra as necesidades básicas da vida, respectando os dereitos humanos e a lexitimidade universal desde 1974, a guerra da entidade sionista contra o pobo palestiniano.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres, rexeitamos calquera ameaza e ataque militar contra un Estado soberano. A independencia e a integridade territoriaol de Ucraína deben ser respectadas. Estados Unidos e a OTAN deben anunciar que retiran as súas mans da Ucraína, e deben deixar de enviar armas e municións ao país o antes posíbel. O imperialismo está repetindo o que fixo no Iraque e Siria, esta vez de forma diferente na Ucraína, e unha vez máis causando sufrimento aos pobos do mundo. O conflito entre as grandes potencias fai que a humanidade pague un alto prezo.
A Marcha Mundial das Mulleres solidarízase con todas as forzas políticas e sociais da Ucraína, Rusia e de todo o mundo que defenden unha solución pacífica á guerra.
Nós, coa nosa posición antiimperialista e antibélica, mobilizaremos ñas mulleres na loita contra a guerra na Ucraína e na rexión.
Resistimos para vivir, marchamos para transformar!
Lembrade que este xoves tedes unha cita en Ourense cos Cafés Feministas, desta volta e ás portas do entroido… poden ser as festas populares feministas? Participa!
Hai 65 anos Rosa Parks negaba o seu asento a un home branco. Coa súa detención daba pulo e facía aínda máis pública e mediática a loita contra o apartheid nos EUA. Recollemos o seu legado e continuamos a loita contra o racismo en calquera das súas expresións.
A loita contra o racismo no mundo segue necesaria, e é unha loita feminista e anticolonialista. Recomendamos a leitura en Capire do texto “Transfeminismo negro, uma luta anticolonial e anticapitalista” de M. Adams.