8M | Servizos públicos para mellorar a vida das mulleres

Todos os días, as mulleres estamos en loita: para sobrevivir nun mundo cheo de guerra, machismo e pobreza, para vivir a vida que queremos e para transformar o mundo con xustiza. igualdade e liberdade. O 8 de marzo é o Día internacional das mulleres. Todos os anos, nesa data, saímos ás rúas organizadas para loitar. 

O 2023 non é un ano calquera. Enfrontamos, a diario, ataques e agresións a un estado de benestar que se derruba por momentos. Enfrentamos tamén unha economía galega ao servizo de intereses alleos a Galiza. Como resultado das últimas crises fica desaparecido o suposto papel protector do sistema público de servizos sociais e a importancia dos servizos públicos no sistema capitalista vese relegada a un segundo, terceiro ou cuarto lugar. 

Levamos moitos anos denunciando o desmantelamento dos servizos públicos fronte ao lucro do grande capital, alertamos das reformas, da queda do público fronte o privado. A resistencia feminista continua alerta na Galiza. Por iso nós, da Marcha Mundial das Mulleres, dicimos: Servizos públicos para mellorar a vida das mulleres!

Queremos axudas ás rendas mínimas na Galiza

Un bo exemplo de do desmantelamento dos servizos públicos son os datos da Xunta de Galiza nas axudas ás rendas mínimas. A aparición das axudas estatais repercutiu nunha redución en todas as comunidades autónomas, mais só se ergue Galiza como avantaxada ao ser a que menos está a gastar na parte máis vulnerábel da nosa sociedade. 

Queremos unha sanidade pública.

Vivimos cun sistema sanitario debilitado até a asfixia. Cal é o resultado? Listas de espera eternas nunha crise sanitaria que levamos moitos anos vivindo e que neste momento está nunha situación dramática. Somos as mulleres as que máis pagamos os recortes no sistema sanitario, como usuarias coa nosa saúde e, como traballadoras coa precariedade. A situación deficitaria da atención primaria obrigounos a asumir unha mior atención a persoas idosas, crianzas e doente ante a falta de recursos sanitarios esenciais. O atrasamento nas citas, os desprazamentos a outros centros sanitarios ou mesmo áreas sanitarias por non funcionar adecuadamente, implica que sexamos as mulleres as que teñamos que estar sempre pendentes dos coidados das persoas coas que convivimos e temos que dedicar moito do noso tempo (e da nosa carga mental) dentro e fóra da xornada laboral. Unha vez máis vémonos obrigadas a poñer a atención doutras persoas por diante dos propios autocoidados pola carencia de recursos públicos. 

O noso sistema sanitario reflite a practica as desigualdades propias da sociedade patriarcal cando as doentes somos nós. A subordinación que as mulleres sufrimos na sociedade reprodúcese nun sistema sanitario deseñado con valores masculinos e por homes. 

Queremos un sistema educativo público.

Os recortes tamén lastran o sistema educativo: merman os cadros de persoal, pechan escolas no rural, aumenta a impartición de materias por profesorado non especialista, a desatención ás necesidades educativas especiais, etc. Todo isto non fai máis que dificultar un ensino público de calidade para as crianzas e mocidade das clases populares. 

Tamén a imposibilidade de cursar estudos superiores pola dificultade de acceso e de recebimento de bolsas en prazo, que afectan a moitas clases populares na Galiza que teñen que deixar os estudos por imposibilidade económica.

Queremos un sistema público de ensinanza con perspectiva feminista que garanta a non discriminación e unha aprendizaxe libre.

Queremos centros xeriátricos. 

Calcúlase que na Galiza hai un défice de máis de 14.000 prazas nos centros de atención a idosas. A xestión da maior parte das prazas existentes está en mais privadas, igual que en moitos centros de día. Esta aposta pola privatización repercuten nas usuarias, que teñen que padecer uns servizos que priman o lucro e non a atención.

Queremos unha vida sen violencia.  

A violencia non cesa na Galiza. É a violencia contra as mulleres e nenas nas cidades, vilas e aldeas do país, a violencia contra a poboación LGBT. Vivimos agresións físicas, acoso sexual no traballo, somos asasinadas. A causa desta violencia é a desigualdade e o machismo crecente na sociedade e impregnado neste sistema, na que as mulleres non temos cabida. 

Queremos a fin da violencia machista: uns servizos públicos que traballen na prevención, acompañamento e atención das mulleres que sofren violencia machista. Exiximos máis recursos e programas públicos para traballar na erradicación da violencia machista.

Queremos unha vida libre e autonomía das mulleres sobre os nosos corpos e sexualidades. 

Queremos que as mulleres teñamos o dereito á vida que desexemos. Isto ten que ver, inclusive, co dereito a decidir ser nais e decidir como queremos maternar, cun sistema público de escolas infantís e baixas xustas e remuneradas para a crianza e a conciliación. 

Queremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos garantidos.

Queremos dereitos, empregos, salarios e pensións dignas. 

Queremos un sistema público de protección para o desemprego con cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación e subministracións.

Queremos que sexan para todas, precisamos dun sistema público que garanta os dereitos de todas, o fin dos discursos de odio e a desaparición das leis de estranxería. 

Estas son as nosas exixencias inmediatas!

Somos as grandes vítimas destas políticas non-sociais. Nós debemos paliar a pobreza de recursos que ofrecen as administracións, somos nós as que máis traballos ocupamos neses servizos de coidados sobreexplotas, nós somos as empobrecidas e é o noso deber darlle resposta ás carencias do sistema.

O que acontece cando fallan os servizos públicos? Debemos reducir a xornada de traballo ou mesmo renunciar a ter unha vida laboral para desenolver os coidados que os gobernos non garanten. Isto ten consecuencias: a curto prazo, na capacidade económica reducida, na sobrecarga mental, nas dificultades de poder promocionar no noso posto laboral; a longo prazo, na calidade das pensións, as galegas as máis baixas do estado e de media 350€ inferiores ás dos homes.

Neste sistema non temos a posibilidade de ter unha vida digna, con dereitos e libres de violencia. Só o feminismo e a clase traballadora unida, organizada e na rúa podemos poñer fin a un sistema de miseria e retroceso. 

Seguiremos en marcha até que todas sexamos libres. 

MANIFESTO 8 DE MARZO

[LISTAXE DE MOBILIZACIÓNS] actualización 08/03

A Coruña, 20h Obelisco
As Pontes, 20:30h saída do Concello
Allariz, 20h Praza do Concello
Ames, 18h Praza do Concello
Betanzos, 20h detrás do palco da música
Catoira, 20h Alameda
Cee, 20h Praza 8 de marzo
Chantada, 20h Praza Santa Ana
Compostela, 20h Praza 8 de marzo
Ferrol, 20h Praza Amada García
Lalín, 20h KM0
Lugo, 20h Multiusos da Xunta
Monforte, 20h Praza de España
Noia, 20h Coliseo Noela
O Porriño, 20h diante do Concello
Ordes, 20:30h Alameda
Ourense, 12:30h na Praza Maior | 20h manifestación Subdelegación
Padrón, 21:30h saída da Estatua Rosalía
Ponteceso, 20h saída do IES Eduardo Pondal
Pontevedra, 20h Praza de Ourense
Ribadavia, 20:30h Praza Maior
Ribadeo, 20h Aparcadoiro público na rotonda do instituto
Ribeira, 19:30h Praza do Concello
Val Miñor, 12:30h no cruce da Ramallosa
Verín, 12h Praza do Concello
Vigo, 20h Praza dos Cabalos
Vila de Cruces, 20:30h Praza do Concello
Vilagarcía de Arousa, 20:30h Praza de Galiza
Vilalba, 20h Praza Constitución

https://twitter.com/MMMGaliza/status/1633071853622247424

Coidados – SAF Galiza

Estas son as demandas das compañeiras da Plataforma Saf Galiza:

🛑 CESE DE TODOS OS DESPIDOS DE INMEDIATO.
READMISIÓN DE TODAS AS COMPAÑEIRAS DESPEDIDAS. NON SOBRA NINGUNHA E FALTAN MOITAS MÁIS.

🛑 INCREMENTO DE MEDIOS TÉCNICOS PARA ATENDER ÁS USUARIAS COMO SE MERECEN E FREAR AS LESIONES FÍSICAS QUE ESTAN DESTROZANDO A SÁUDE DAS TRABALLADORAS.
INCREMENTO DA PLANTILLA E EVITAR ROTACIÓNS QUE EMPEORAN A ESTABILIDADE EMOCIONAL DE MOITAS USUARIAS CON SERIOS PROBLEMAS.

🛑 CUMPRIMENTO ESCRUPULOSO DOS CONVENIOS DE ORIXEN, PORQUE NOS ESTAN ROUBANDO, OBLIGÁNDONOS A DENUNCIAR UNHA E OUTRA VEZ ESTES INCUMPRIMENTOS. MENTRES, ELES, XOGAN COS NOSOS CARTOS.
REMUNICIPALIZACIÓN DE TÓDOLOS SERVIZOS DO SAF EN GALICIA. A PRIVATIZACIÓN SÓ PROVOCA EMPEORAMENTO DO SERVIZO, INCREMENTO DE COSTOS PARA A CIDADANÍA E PEOR ATENCION ÁS USUARIAS.

🛑 VIXIANCIA ESTRICTA DAS EMPRESAS PRIVADAS QUE NESTES MOMENTOS ESTAN LEVANDO A CABO O SERVIZO, ATA A REMUNICIPALIZACION DO MESMO, PARA QUE CUMPLAN Ó PE DA LETRA AS CLÁUSULAS DA CONCESIÓN, QUE EN CASOS COMO O DE CHANTADA, SE ESTAN A INCUMPLIR, CO CONSEGUINTE PERXUICIO PARA TRABALLADORAS E PERSOAS DEPENDENTES.

🛑 PEDÍSMOLLES ÓS SINDICATOS E ÓS PARTIDOS POLÍTICOS RESPONSABLES QUE DENUNCIEN E VIXIEN DE CERCA ESTAS ACTIVIDADES, PORQUE OS PERXUDICADOS SOMOS TODAS, TRABALLADORAS E CIDADÁS, QUE ESTAN A PAGAR MÁIS, CUN PEOR SERVIZO.

🛑 ESTABILIDADE LABORAL. DENUNCIAMOS A EXPLOTACIÓN LABORAL CO ABUSO DE CONTRATACIÓN POR HORAS, CANDO A LEXISLACION EUROPEA E AS CLAUSULAS DA CONCESIÓN FALAN DA RESPONSABILIDADE SOCIAL DESTE TIPO DE CONCESIÓNS EN CANTO A ESTABILIDADE LABORAL, A IGUALDADE DE XENERO E RESPECTO CARA AS TRABALLADORAS DISCAPACITADAS, POLO QUE É NECESARIO LEXISLAR PARA ACABAR CON ESTE TIPO DE CONTRATACIÓNS, PERXUDICIAIS TAMEN PRA AS PERSOAS DEPENDENTES ANTE A EXCESIVA ROTACION DAS PROFESIONAIS. PROHIBIR CONTRATOS DE MENOS DE 25 HORAS.
O BENEFICIO NON PODE SER O QUE GUIE ESTA ACTIVIDADE TAN BÁSICA PARA AS NOSAS PERSOAS MAIORES, QUE SE MERECEN TODO O NOSO RESPECTO DESPOIS DE TODA UNHA VIDA DEDICADA A LEVANTAR O NOSO PAIS.

🛑 QUEREMOS AS EMPRESAS PRIVADAS LEXOS DOS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS, E NON PODEMOS PERMITIRNOS TER REPRESENTANTES QUE VEXAN NORMAL CONVERTIR ESTA ACTIVIDADE NUN NEGOCIO. OS NOSOS MAIORES NON O MERECEN, NÓS TAMPOUCO O MERECEMOS, PAGAMOS IMPOSTOS PARA TER CALIDADE.

🛑 RECOÑECEMENTO DAS DOENZAS FRUTO DESTA ACTIVIDADE CON GRANDES DEPENDENTES COMO ENFERMEDADES PROFESIONAIS.

🛑 DETALLAR EN UNA LEY LAS LABORES EXCLUSIVAS Y NECESARIAS PARA LA ATENCION DE LOS DEPENDINTES, Y PROHIBIR TODO AQUEL TIPO DE TRABAJOS QUE NADA TIENEN QUE VER CON EL CUIDADO DE NUESTROS MAYORES.

🛑 LEXISLAR PARA PROHIBIR QUE AS EMPRESAS QUE INCUMPRIRON A LEI, TANTO NA APLICACION DOS CONVENIOS PRECEDENTES OU A LEXISLACIÓN SOBRE A SEGURIDADE E HIXIENO NO TRABALLO, OU O INCUMPLIMENTO DOS CONTRATOS ASINADOS, EN CONCESIÓNS ANTERIORES, NON POIDAN PRESENTARSE A NINGUNHA CONCESIÓN NO FUTURO.
ESPAZOS GRATUITOS PARA APARCAR OS VEHÍCULOS DAS TRABALLADORAS NOS LUGARES ONDE SEXA NECESARIO.

🛑 APLICACIÓN DE COEFICIENTES REDUTORES DA IDADE DE XUBILACION DADOS POLA NATURALEZA ESCEPCIONAL DO NOSO TRABALLO.
ORGANISMO OFICIAL DE DEFENSA DAS PERSOAS USUARIAS, QUE RECOLLA E RESOLVA AS QUEIXAS, DENUNCIAS, ETC., E QUE VELEL POLO BENESTAR DA MESMA.

🛑 EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIs) AXEITADOS A CADA SITUACIÓN ESPECÍFICA.
NON CESAREMOS NA LOITA.

O SAF NON SE VENDE, O SAF DEFÉNDESE
http://www.galiciaconfidencial.com/…/163194-denuncian…

https://www.elprogreso.es/articulo/galicia/traballadoras-axuda-fogar-denuncian-despedimentos-concesionarias/202105141939351503010.html?fbclid=IwAR0ljnZB4tvdNif92DijEfGxrZEAcw6_RyfGJLNDchwFOYc4VfLg_OzblDw

https://www.europapress.es/…/noticia-trabajadoras-ayuda…

https://www.entrenosdigital.com/…/20210511130148011642…

https://www.lavanguardia.com/…/trabajadoras-ayuda-hogar…

https://www.20minutos.es/…/trabajadoras-de-ayuda-en…/…

Coidados – Mobilizacións SAF

Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos chamar a apoiar as mobilizacións do SAF en Chantada e Ourense de cara ao 22 e 29 de maio para denunciar os despedimentos, a precarización do servizo, o maltrato asistencial e o encarecemento do servizo en prol da súa privatización.

Con apoio da Plataforma Saf Galiza as compañeiras do SAF de Chantada e Ourense mobilízanse na defensa do servizo e das usuarias. Como feministas reivindicamos os coidados na centralidade da vida e non podemos ficar alleas aos intentos de privatización que precarizan ás traballadoras e perxudican ás usuarias empeorando a súa atención.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres sumámonos a esta convocatoria e chamamos a secundar estas mobilizacións todas as que se convoquen dende o sector dos coidados para reforzar a loita das traballadoras asi como reivindicamos un Sistema Público de Coidados que garanta atención adecuada e empregos dignos para unha labor esencial para a reprodución e o coidado da vida.

Non podemos consentir que as corporacións e empresas capitalistas parasiten o sistema de coidados colocando o lucro por cima da vida das persoas que precisan atención. Estaremos en Chantada e Ourense man con man coas compañeiras construíndo unha vida máis vivíbel para todas.

Non á precaridade nos coidados!
Por un sistema público de coidados!
SEN COIDADOS NON HAI VIDA!

Antoloxía sobre economía feminista da MMM de Chile

As nosas compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres de Chile realizaron neste 2020 unha antoloxía sobre Economía Feminista a través da revista Ceres.

Deixamosvos o enlace para que podades desfrutar e aprende con elas: DESCARGAR

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram