Este luns comezan as Xornadas de Enfermería de Enfermeiras Eventuais en Loita nas que tamén participaremos dende a Marcha Mundial das Mulleres.
Non as perdas!
+ info: https://www.facebook.com/enfermeirasenloita/
Construíndo feminismo anticapitalista dende o 2000
Este luns comezan as Xornadas de Enfermería de Enfermeiras Eventuais en Loita nas que tamén participaremos dende a Marcha Mundial das Mulleres.
Non as perdas!
+ info: https://www.facebook.com/enfermeirasenloita/
Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos chamar a apoiar as mobilizacións do SAF en Chantada e Ourense de cara ao 22 e 29 de maio para denunciar os despedimentos, a precarización do servizo, o maltrato asistencial e o encarecemento do servizo en prol da súa privatización.
Con apoio da Plataforma Saf Galiza as compañeiras do SAF de Chantada e Ourense mobilízanse na defensa do servizo e das usuarias. Como feministas reivindicamos os coidados na centralidade da vida e non podemos ficar alleas aos intentos de privatización que precarizan ás traballadoras e perxudican ás usuarias empeorando a súa atención.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres sumámonos a esta convocatoria e chamamos a secundar estas mobilizacións todas as que se convoquen dende o sector dos coidados para reforzar a loita das traballadoras asi como reivindicamos un Sistema Público de Coidados que garanta atención adecuada e empregos dignos para unha labor esencial para a reprodución e o coidado da vida.
Non podemos consentir que as corporacións e empresas capitalistas parasiten o sistema de coidados colocando o lucro por cima da vida das persoas que precisan atención. Estaremos en Chantada e Ourense man con man coas compañeiras construíndo unha vida máis vivíbel para todas.
Non á precaridade nos coidados!
Por un sistema público de coidados!
SEN COIDADOS NON HAI VIDA!