En todo o mundo o feminismo prepara este Día Internacional das Mulleres Traballadoras con mobilizacións e actividades de todo tipo para colocar na axenda a necesidade dun feminismo forte para conquistar dereitos reais para as mulleres traballadoras.
Tamén o movemento feminista galego se prepara para ocupar as rúas e prazas con concentracións e mobilizacións ao longo de todo o territorio.
En marcha para transformar a vida das mulleres, até que todas sexamos libres!
8 de marzo
· A Coruña 20h Obelisco
· As Pontes 18.30h diante do Concello
· Betanzos 18h Paco da Música
· Catoira 20h baixo Multiusos
· Celanova 13:30h Praza das Pitas (Antigo cárcere de Mulleres)
· Compostela 18h Praza 8 de Marzo
· Ferrol 20h Praza Amada García
· Lalin 12.30h KM 0
· Lugo 20h diante da Xunta
· Marín 18h Praza 8 de marzo
· Melide 20h na Praza do Convento
· O Porriño 20h Diante do Concello
· Ourense 19h Castañeira (subdelegación)
· Ponteceso 12h Praza do Recheo
· Pontevedra 17h Praza 8 de Marzo
· Ribadavia 13h diante do Castelo
· Ribadeo 18h Instituto de Ribadeo
· Ribeira 19h Praza Porta do Sol
· Val Miñor 12.30h no cruce da Ramallosa
· Vigo 18.30h Praza dos Cabalos
· Vilagarcía de Arousa 12h Praza Galicia
· Vilalba 13h Templete – Praza da Constitución
9 de marzo
· Carnota 11.30h Cadea de Mulleres, Praia de Carnota
A Marcha Mundial das Mulleres ven de presentar a campaña que desenvolverá ao longo deste ano 2025 en torno á celebración e reivindicación do seu 25 aniversario como organización feminista na Galiza e no mundo.
Con inicio neste 8M a campaña desenolverá máis de 30 actividades ao longo do país cunha manifestación nacional o 5 de outubro exixindo medidas reais para transformar a vida das mulleres traballadoras.
A Marcha Mundial das Mulleres naceu no ano 2000 en resposta a un chamado á movilización mundial das feministas anticapitalistas do mundo por parte das compañeiras do Quebec. Cando aínda non existían os fenómenos virais nen as posibilidades que hoxe existen de organización a nivel global feministas de todos os continentes uniron a súa voz para loitar contra a violencia machista e o empobrecimiento das mulleres.
Naquela altura o feminismo galego respondeu a este chamado constituíndo a Coordenadora Nacional Galega da Marcha que leva 25 anos traballando a nivel local e internacional en pé de igualdade con compañeiras de máis de 60 países, dende Brasil a Moçambique, o Sahara Occidental, Kurdistán, Palestina, Cuba ou Guatemala até as Filipinas ou o Xapón. Elaborando análises colectivas e tamén trasladando a realidade e as alternativas feministas das mulleres galegas ao resto de compañeiras do mundo.
Ao longo destes 25 anos foron moitas as reivindicacións e accións que desenvolveu, dende a mobilización de mulleres de aquel 9 de marzo de 2003 na que mulleres de todo o país se desprazaron a Cee para berrar xuntas “Nem Guerras, nem machismo nem marés. Nunca máis chapapote patriarcal”, aos diferentes momentos chave na loita polo dereito ao aborto coa campaña de autoinculpacións de 2008 ou o impulso da plataforma galega polo dereito ao aborto ante a ameaza do PP en 2014, a Marcha iniciou a resposta coordenada fronte aos feminicidios no noso país, hoxe parte da axenda do conxunto do feminismo galego, reivindicou o 8M e o 25N con campañas nacionais e coa mobilización coordenada ao longo do país moito antes que estas datas tivesen a relevancia social que hoxe teñen. Tamén visibilizou o 24 de maio de rana plaza, reivindica días como a visibilidade lésbica galega, ou o día internacional para a erradicación da pobreza. A Marcha elabora un calendario nacional de accións co foco centrado no local. Organizou xornadas de formación, de debate, de partilla e reflexión colectiva e fixo parte da vida de centos de mulleres que se achegaron ao longo destes anos ao colectivo para loitar xuntas polos seus dereitos. A Marcha ten sido quen de poñer unha axenda feminista galega no centro da vida das galegas.
As militantes da Marcha Mundial das Mulleres non queren que este 25 aniversario sexa só unha celebración da súa memoria, senón que sirva de impulso para seguir traballando e sumando mulleres á loita feminista na Galiza. Adicarán todo este ano, a partir do 8 de marzo, a desenvolver actividades por todo o país nas que colocar na axenda as que seguen a ser hoxe, 25 anos despóis, reivindicacións e exixencias que consideran imprescindíbeis para mudar a vida das mulleres traballadoras.
Inician esta campaña este 8 de marzo, co lanzamiento de 8 reivindicacións urxente para transformar a vida das mulleres, e continuarán ao longo do ano desenvolvendo os 25 eixos de traballo que nestes anos de historia as teñen levado a percorrer o país e a realizar infinidad de actividades por todo o territorio. A Coordinadora Galega da Marcha ven de elaborar para este aniversario unha nova táboa reivindicativa que a través de 25 bloques ou temáticas de traballo desenvolve a maior parte das cuestións sobre as que colocan o foco como colectivo feminista. Queren que sexa tamén a súa folla de ruta para a acción nos próximos anos e que lles permita articular accións máis globais con demandas concretas ás institucións co fin de conquistar mudanzas e transformacións reais.
A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á sociedade galega á mobilización activa en favor dos dereitos das mulleres. Após 15 anos de goberno do Partido Popular na Galiza fan un balanzo tremendamente negativo para os dereitos das mulleres, o máis recente o desmantelamento dos Centros de Información ás Mulleres, a privatización dos centros de crise 24 horas ou a desaparición da Secretaría Xeral de Igualdade. Analizan que vivimos momentos de crise do capitalismo que impactan de forma devastadora na vida das mulleres, sen sistema de coidados público son as mulleres quenes soportan toda esa carga e ademáis cos salarios e pensións máis baixas do estado o que dificulta o sostén da vida a nivel de alimentación saudábel, acceso a vivenda, independencia económica e benestar emocional.
Por todo isto convocan a construír un camiño colectivo que teña como resultado unha mobilización nacional o 5 de outubro para colocar no centro da axenda social a necesidade de mudanzas reais para mellorar a vida das mulleres. Convidando a todas as compañeiras do feminismo galego e a toda a socidade galega a sumarse a esta mobilización.
Até finai de ano programarán máis de 30 actividades ao longo do país, que irán anunciando unha vez que pase o 8 de marzo, data na que ocuperán as rúas, como levan facendo dende hai 25 anos, co conxunto do movemento feminista galego, para seguir loitando pola vida das mulleres.
Como di o lema internacional: até que todas sexamos libres.
Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres, colectivos feministas e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Traballamos de forma asemblearia e por consenso en coordenadoras locais.
Desde o ano 2000 as mulleres da Galiza mobilizámonos a través de accións internacionais, nacionais e locais, en torno á loita anticapitalista, pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres.
25 anos despois, e aínda recoñecendo os avances conquistados, fican moitos dereitos por conseguir para garantir unha igualdade real.
Esta é a nosa táboa reivindicativa, froito dun proceso de reflexión e acción en común por parte de todas as mulleres que integramos as Coordenadoras Locais da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, onde combinamos reivindicacións mundiais coas problemáticas galegas para que os gobernos da Xunta e do estado se fagan eco das nosas demandas.
Ante outro crime machista no noso País, o feminismo galego responde con mobilizacións para o xoves 21 de marzo ante o feminicidio de Andrea Yturry Alave.
Listaxe de mobilizacións:
A Coruña, 20h Obelisco A Guarda, 20:15h Praza Avelino Vicente A Gudiña, 12:30h ao lado do Concello As Pontes, 20:30h Praza do Hospital Betanzos, 20:30h Palco da Música Carnota, 19h Praza da Pedra Catoira, 20:30h alameda do Concello Celanova, 20h Praza Maior Chantada, 20h Praza do Cantón Compostela, 20:30h Praza 8M Ferrol, 19h Praza de Armas Lalín, 20:30h KM0 Moaña, 20h Praza do Concello Noia, 20h diante do Concello O Porriño, 20h diante do Concello O Rosal, 20h praza do Calvario Ourense, 20h Castañeira Padrón, 20:30h enfronte do Concello Pontedeume, 19:45h Praza do Concello Pontevedra, 19:30h Praza da Peregrina Ribadavia, 20h Praza Maior Ribadeo, 20h Praza 8M Val Miñor, 19:30h Cruce da Ramallosa Vigo, 20:30h MARCO Vilagarcía, 20:30 Praza de Galiza Vilalba, 20:30h Praza da Constitución
Ás portas do 8 de Marzo, e tras varios anos de folgas e mobilizacións masivas, ollamos atrás e compracémonos co medre da conciencia feminista, que se revelou como o catalizador dun movemento social cunha enorme capacidade mobilizadora e transformadora. Mais para afianzar e seguir agrandando os efectos deste movemento na sociedade, debemos facer avaliación dos logros e das melloras pendentes para continuarmos avanzando na conquita última da iguadade efectiva de xénero.
Hoxe en día non se entende “políticamente correcto” cuestionar a necesidade de superar a discriminación de xénero – a non ser desde a extrema dereita-, mesmo as organizacións mainstream integraron no seu discurso a igualdade de xénero como eslogan, ao igual que as marcas comerciais. Semella que o feminismo “vende”. Mais na realidade, os cambios producidos son escasos ou nulos: a violencia contra as mulleres en múltiples vertentes continúa presente, a educación segue anquilosada sen cobrar o papel relevante que debería ter na deconstrución de roles sexistas; na actividade laboral as mulleres seguimos a padecer o chan pegañento, tratadas como man de obra de segunda, o que nos leva a soportar unhas pensións un 34% inferiores ás dos homes; os servizos públicos non cobren as necesidades de atención a dependentes e seguimos asumindo as mulleres no fogar case sempre en solitario esta tarefa; quen nos goberna serve os intereses das grandes empresas depredaroras do territorio que ameazan formas máis sustentábeis de vida e de produción , únicas capaces de asentar poboación no conxunto do territorio.
Os feminismos non poder ser un termo vacío, un eslogan de campaña, unha marca comercial, debe ser idea e praxe que nos leve a transformar o mundo na súa totalidade. Os feminismos lévannos a entender que os coidados son esenciais, que todas as persoas dependemos as unhas das outras para vivir, que o benestar dunhas non pode ser a costa da explotación doutras, que o noso traballo ten o mesmo valor que o dos nosos compañeiros, que reclamar o dereito a vivir e traballar na nosa terra, que deixemos de expulsar ás mozas das noso país, que lles oferezamos condicións de traballo e vida digna, que na depredación capitalista non hai futuro, que a temos obriga de deixar unha Terra habitábel ás que veñan, que o lucro non pode estar por encima nosa supervivencia no planeta.
Ás portas do 8 de Marzo queremos insistir na historia desta data que nace a comezos do século XX como día de loita, pola consecución de dereitos laborais, pola eliminación do traballo infantil, polo dereito ao voto, contra a guerra… Tamén en Galiza a comezos do século XX as mulleres das clases populares protagonizaron revoltas reivindicando o dereito á terra para vivir do seu traballo, denunciando os impostos abusivos, a falta de alimento polo negocio dos acaparadores… Queremos seguir o exemplo destas mulleres que se puxeron á fronte, hoxe tamén temos que seguir reivindicando a paz, que pare o xenocidio do pobo palestino, a erradicación da pobreza enerxética, alimentaria…, condicións de vida digna para ese 25% da poboación galega en risco de exclusión social, traballo digno en condición de igualdade para todas as mulleres, dereitos para as migrantes, erradicación das marxinalización das expresións de xénero disidentes, erradicación da trata e explotación sexual, dereito pleno sobre o noso corpo e a vivir sen medo.
O lema feminismo organizado para varrer o patriarcado é unha chamada á organización das mulleres para facermos xuntas unha revolución que o cambie todo, desde as conciencias ás formas materiais de vida, que nos reconcilie coas nosas iguais e nos una ás primeiras feministas e ás mulleres libres que nos sucederán. Unámonos e actuemos porque o futuro ou é feminista ou non será!
MOBILIZACIÓNS 8M: (actualizado 04/03)
A Coruña, 20h Obelisco As Pontes, 20:30h Concello Betanzos, 19:30 Palco da Música Compostela, 20h praza 8 de marzo Ferrol, 20h Praza Amada García Lalín, 20h Km0 Lugo, 20h diante da Xunta Marín, 20h Praza 8 de marzo O Porriño, 20h Rotonda do canteiro Ourense, 11h CHUO | 12:30h Concordia 20h Subdelegación Pontevedra, 20:30h Praza de España Ribadavia, 20h Praza do Concello Ribadeo, 20h Rotonda do instituto
Ribeira, 20h Porta do Sol Val Miñor, 13:30h Cruce da Ramallosa Vigo, 20h Praza dos Cabalos Vilagarcía, 20h Praza de Galiza Vilalba, 20h Praza da Constitución
A Coruña, 20h Obelisco A Gudiña, 12:30h Concello As Pontes, 20h Praza do Hospital Ames, 12h Praza da Maía Betanzos, 20h Palco da música Carnota, 12h Praza da Pedra Compostela, 20h Praza 8 de marzo Ferrol, 19h diante do Concello O Porriño, 12h diante do Concello Ourense, 12h na Castañeira Ponteceso, 20h Praza do Recheo Pontevedra, 18h Audiencia Provincial Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo
Vilalba, 19:30h Casa da Cultura Vigo, 19h no MARCO
Esiximos a dimisión de Rafel Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, por apoiar a Luis Rubiales tras a agresión a Jenni Hermoso.
O pasado 20 de agosto o presidente da Federación Española de Fútbol agredía a Jenni Hermoso, xogadora da selección española, na entrega de trofeos da final do Mundial de Fútbol Feminino nun evento televisado e visto por millóns de persoas no planeta. Logo de varios días de sillencio ao ser preguntado pola agresión na homenaxe a Tere Abelleira, Rafael Louzán respostou tirando importancia do sucedido declarando que “Son erros que se cometen na vida, e xa pediu desculpas” en referencia a un video no que Rubiales non só non recoñece ter agredido á futbolista senón que minte indicando que o acto fora consentido.
Horas despóis Luis Rubiales realizaba un discurso incendiario na Asemblea da Federación Española de Fútbol acusando á xogadora de mentir, mentindo ao decir que foi ela quen provocou a agresión e defendendo que non dimite do seu cargo. Ademáis acompañou o discurso misóxino e manipulador de insultos e acusacións ao movemento feminista por respaldar, apoiar e acompañar á futbolista na súa denuncia de agresión.
Tras este ataque a xogadora e movemento feminista Rafael Louzán e a Federación Galega de Fútbol seguen sen posicionarse na defensa da agredida e nunha sanción exemplar a Rubiales e a todos os que apoiaron e apoian o seu comportamento.
Dende a Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres denunciamos a complicidade co machismo por parte do máximo mandatario do futbol galego e da institución que representa e esiximos a súa inmediata dimisión. As futbolistas galegas non poden ter como máximo dirixente a quen apoia e respalda comportamentos machistas, mafiosos e violentos contra as propias xogadoras e contra os colectivos que socialmente defendemos o dereito de todas as mulleres a unha vida sen violencia. Falamos ademáis dunha persoa, Rafael Louzán, inhabilitada por prevaricación para o exercicio do cargo público na operación “Patos” e que na actualidade incumple os propios estatutos da Federación Galega de Fútbol.
O deporte galego, nomeadamente o feminino, merece o apoio social e colectivo na loita contra o machismo, hoxe máis que nunca, cando en todo o mundo o deporte feminino e as mulleres erguen a súa voz contra esta agresión e contra todas as que se veñen producindo. É responsabilidade colectiva apartar non só aos corruptos e aos que agreden senón tamén a quen cala, respalda e disculpa estes comportamentos.
A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres promove esta recollida de sinaturas non como algo apenas simbólico mas para recadar forza e apoios sociais co obxetivo de presentar ante a Valedora do Pobo a esixencia de dimisión a Rafael Louzán, polas deportistas e as mulleres galegas que non imos consentir máis violencia nas nosas vidas.
Porque se tocan a unha, tócannos e respostamos todas.
Galiza, 26 de agosto de 2023
Os colectivos e cidadás asinantes apoiamos esta demanda e esiximos a inmediata dimisión de Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fúbtol por apoiar a Luis Rubiales tras a agresión a Jenni Hermoso:
Colectivos
A Coruña Fillos de Breogán Amigas de Exeria ARELAS As punkiereteiras Asociación Cultural Cultura Aberta Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Trezecatorze Asociación de Escritoras en Lingua Galega Asociación de Movilidad Humana Asociación de traballadoras do fogar e coidados Xiara Asociación Feminista Área Loura Asociación Feminista As Furias Asociación Polamiúda Avante LGBT+ Belesar Dixital Bloque Nacionalista Galego Carballas CASCO VELLO CELTA VIGO Celtarras Coepo Colectivo Berro Seco Colectivo cultural Ollomao Colectivo feminista A Estrada Deza Colectivo feminista As Curandeiras Vimianzo Colectivo Feminista As Pontes Colectivo Republicano de Redondela Colectivo Terra Pontedeume Colectivo TransGaliza Comité Anti-SIDA Ourense Concello de Begonte FS Executiva Confederal da CIG Federación Galega de Ecoloxistas en Acción Feminismo en pé Feminismo Unitario de Vigo Feministas de Catoira “Vikingas bravas” Fende Testas Fruga|Adega Fútbol gaélico feminino GALEGUIZA Galiza Nova Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero F. Ciencias da Educación UDC Isca! Levedar Colectivo Feminista Vila de Cruces Marea Feminista de Nigrán Mudega – Mulleres Deportistas Galegas Mulleres en Acción da Barbanza O Refaixo de Carolina O Soño de Lilith Old Faces ORQUIGAL Ouligans Peña Cheka Peña Deportivista De Portosín Peña Deportivista de Uxes Peña Deportivista El Bierzo Peña Deportivista Faluya Peña Deportivista Tío Juan Peña Deportivista Tralla Brava Plataforma Feminista de Lugo Podemos A Coruña Ponteareas en común Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia Siareirxs Granates SonDaRúa UA Drogodependencias Monforte de Lemos Vangarda Obreira
Todos os días, as mulleres estamos en loita: para sobrevivir nun mundo cheo de guerra, machismo e pobreza, para vivir a vida que queremos e para transformar o mundo con xustiza. igualdade e liberdade. O 8 de marzo é o Día internacional das mulleres. Todos os anos, nesa data, saímos ás rúas organizadas para loitar.
O 2023 non é un ano calquera. Enfrontamos, a diario, ataques e agresións a un estado de benestar que se derruba por momentos. Enfrentamos tamén unha economía galega ao servizo de intereses alleos a Galiza. Como resultado das últimas crises fica desaparecido o suposto papel protector do sistema público de servizos sociais e a importancia dos servizos públicos no sistema capitalista vese relegada a un segundo, terceiro ou cuarto lugar.
Levamos moitos anos denunciando o desmantelamento dos servizos públicos fronte ao lucro do grande capital, alertamos das reformas, da queda do público fronte o privado. A resistencia feminista continua alerta na Galiza. Por iso nós, da Marcha Mundial das Mulleres, dicimos: Servizos públicos para mellorar a vida das mulleres!
Queremos axudas ás rendas mínimas na Galiza
Un bo exemplo de do desmantelamento dos servizos públicos son os datos da Xunta de Galiza nas axudas ás rendas mínimas. A aparición das axudas estatais repercutiu nunha redución en todas as comunidades autónomas, mais só se ergue Galiza como avantaxada ao ser a que menos está a gastar na parte máis vulnerábel da nosa sociedade.
Queremos unha sanidade pública.
Vivimos cun sistema sanitario debilitado até a asfixia. Cal é o resultado? Listas de espera eternas nunha crise sanitaria que levamos moitos anos vivindo e que neste momento está nunha situación dramática. Somos as mulleres as que máis pagamos os recortes no sistema sanitario, como usuarias coa nosa saúde e, como traballadoras coa precariedade. A situación deficitaria da atención primaria obrigounos a asumir unha mior atención a persoas idosas, crianzas e doente ante a falta de recursos sanitarios esenciais. O atrasamento nas citas, os desprazamentos a outros centros sanitarios ou mesmo áreas sanitarias por non funcionar adecuadamente, implica que sexamos as mulleres as que teñamos que estar sempre pendentes dos coidados das persoas coas que convivimos e temos que dedicar moito do noso tempo (e da nosa carga mental) dentro e fóra da xornada laboral. Unha vez máis vémonos obrigadas a poñer a atención doutras persoas por diante dos propios autocoidados pola carencia de recursos públicos.
O noso sistema sanitario reflite a practica as desigualdades propias da sociedade patriarcal cando as doentes somos nós. A subordinación que as mulleres sufrimos na sociedade reprodúcese nun sistema sanitario deseñado con valores masculinos e por homes.
Queremos un sistema educativo público.
Os recortes tamén lastran o sistema educativo: merman os cadros de persoal, pechan escolas no rural, aumenta a impartición de materias por profesorado non especialista, a desatención ás necesidades educativas especiais, etc. Todo isto non fai máis que dificultar un ensino público de calidade para as crianzas e mocidade das clases populares.
Tamén a imposibilidade de cursar estudos superiores pola dificultade de acceso e de recebimento de bolsas en prazo, que afectan a moitas clases populares na Galiza que teñen que deixar os estudos por imposibilidade económica.
Queremos un sistema público de ensinanza con perspectiva feminista que garanta a non discriminación e unha aprendizaxe libre.
Queremos centros xeriátricos.
Calcúlase que na Galiza hai un défice de máis de 14.000 prazas nos centros de atención a idosas. A xestión da maior parte das prazas existentes está en mais privadas, igual que en moitos centros de día. Esta aposta pola privatización repercuten nas usuarias, que teñen que padecer uns servizos que priman o lucro e non a atención.
Queremos unha vida sen violencia.
A violencia non cesa na Galiza. É a violencia contra as mulleres e nenas nas cidades, vilas e aldeas do país, a violencia contra a poboación LGBT. Vivimos agresións físicas, acoso sexual no traballo, somos asasinadas. A causa desta violencia é a desigualdade e o machismo crecente na sociedade e impregnado neste sistema, na que as mulleres non temos cabida.
Queremos a fin da violencia machista: uns servizos públicos que traballen na prevención, acompañamento e atención das mulleres que sofren violencia machista. Exiximos máis recursos e programas públicos para traballar na erradicación da violencia machista.
Queremos unha vida libre e autonomía das mulleres sobre os nosos corpos e sexualidades.
Queremos que as mulleres teñamos o dereito á vida que desexemos. Isto ten que ver, inclusive, co dereito a decidir ser nais e decidir como queremos maternar, cun sistema público de escolas infantís e baixas xustas e remuneradas para a crianza e a conciliación.
Queremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos garantidos.
Queremos dereitos, empregos, salarios e pensións dignas.
Queremos un sistema público de protección para o desemprego con cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación e subministracións.
Queremos que sexan para todas, precisamos dun sistema público que garanta os dereitos de todas, o fin dos discursos de odio e a desaparición das leis de estranxería.
Estas son as nosas exixencias inmediatas!
Somos as grandes vítimas destas políticas non-sociais. Nós debemos paliar a pobreza de recursos que ofrecen as administracións, somos nós as que máis traballos ocupamos neses servizos de coidados sobreexplotas, nós somos as empobrecidas e é o noso deber darlle resposta ás carencias do sistema.
O que acontece cando fallan os servizos públicos? Debemos reducir a xornada de traballo ou mesmo renunciar a ter unha vida laboral para desenolver os coidados que os gobernos non garanten. Isto ten consecuencias: a curto prazo, na capacidade económica reducida, na sobrecarga mental, nas dificultades de poder promocionar no noso posto laboral; a longo prazo, na calidade das pensións, as galegas as máis baixas do estado e de media 350€ inferiores ás dos homes.
Neste sistema non temos a posibilidade de ter unha vida digna, con dereitos e libres de violencia. Só o feminismo e a clase traballadora unida, organizada e na rúa podemos poñer fin a un sistema de miseria e retroceso.
Seguiremos en marcha até que todas sexamos libres.
A Coruña, 20h Obelisco As Pontes, 20:30h saída do Concello Allariz, 20h Praza do Concello Ames, 18h Praza do Concello Betanzos, 20h detrás do palco da música Catoira, 20h Alameda Cee, 20h Praza 8 de marzo Chantada, 20h Praza Santa Ana Compostela, 20h Praza 8 de marzo Ferrol, 20h Praza Amada García Lalín, 20h KM0 Lugo, 20h Multiusos da Xunta Monforte, 20h Praza de España Noia, 20h Coliseo Noela O Porriño, 20h diante do Concello Ordes, 20:30h Alameda Ourense, 12:30h na Praza Maior | 20h manifestación Subdelegación Padrón, 21:30h saída da Estatua Rosalía Ponteceso, 20h saída do IES Eduardo Pondal Pontevedra, 20h Praza de Ourense Ribadavia, 20:30h Praza Maior Ribadeo, 20h Aparcadoiro público na rotonda do instituto Ribeira, 19:30h Praza do Concello Val Miñor, 12:30h no cruce da Ramallosa Verín, 12h Praza do Concello Vigo, 20h Praza dos Cabalos Vila de Cruces, 20:30h Praza do Concello Vilagarcía de Arousa, 20:30h Praza de Galiza Vilalba, 20h Praza Constitución
Manifesto da Coordenadora Local da Louriña da Marcha Mundial das Mulleres ante o acontecido coa veciña do Porriño, no 28 de xullo de 2022:
Querémonos libres, sen medo e vivas. Este lema feminista non é vacuo de contido. Está vixente e por el nos volvemos concentrar hoxe aquí.
A uns escasos 500 metros deste lugar, ata o luns pasado, unha vivenda do concello do Porriño volveuse converter, durante seis longos días, nunha caverna de terror para unha muller. Nel, un home sentiuse con dereito de privala de liberdade, de dignidade, de poder amputarlle os seus dereitos, como humana, máis básicos. Aquí, ao noso lado, un mozo de 26 anos sentiuse con lexitimidade de exercer a forza e o dominio que o patriarcado lle transmitiu que ten.
Isto demóstralle, a aqueles que o poñen en dúbida, que a violencia machista sistémica segue aquí, entre nós; e mantense nas novas xeracións. Non é algo do pasado superado; senón que se mantén con forza na nosa mocidade. Non é un acaso. Os discursos violentos ós que asistimos, o ataque frontal aos nosos dereitos e liberdades como mulleres, menosprezando as nosas denuncias, teñen estas consecuencias.
Como xa dixemos, este é un problema sistémico, do propio sistema social que construímos. E como tal debe ser tratado. E iso lévanos a facernos preguntas.
Debemos preguntarnos como un home en busca e captura por un “caso similar”, tal e como o cualifica a prensa, podía estar na súa casa, cunha muller secuestrada. Supoño que debía estar ben aparcado e por iso a policía non o molestou.
Debemos preguntarnos como, despois de que a familia denunciase a súa desaparición, a ninguén se lle ocorrese ir chamar á porta da casa da súa exparella, un home en busca e captura por violentar unha muller.
Debemos tamén preguntarnos se esta vai ser, outra volta, unha ocasión na que o sistema xudicial patriarcal nos vai decepcionar. Unha ocasión na que humille e desprece unha muller fortemente violentada, pero que, seguramente, fixo algo que lles parece que relativiza o feito polo agresor, secuestrador, violador.
Mais sempre en toda noite aparece unha estrela que dá luz. Neste caso, como tamén é habitual, a luz vén da comunidade. Foi unha veciña quen deu a voz de alarma, quen se agouchou para recoller os papeis de socorro e quen creu. Porque é fundamental crer, apoiar, darnos a voz que nos roubaron ás vítimas. E iso só o podemos facer todas e todos nós: o poder da comunidade. A fortaleza da acción comunal é tan grande como nós queiramos que a sexa. E, neste caso, salvou unha vida.
Como somos conscientes desa forza grupal, mulleres da Louriña conformamos a Marcha Mundial das Mulleres aquí, na nosa comarca. Con forza, con vontade de que o patriarcado encontre unha parede grande e valente que lle diga: chega xa! Querémonos libres, sen medo e vivas!!!