// Ourense: Karina Ochoa. Feminismo Decolonial

Xa temos a disposición de todas a palestra de Karina Ochoa en Ourense falando de feminismos decoloniais, unha oportunidade única para achegarnos de primeira man a este pensamento que nos pode dar ferramentas para analizar a nosa propia realidade e actuar sobre ela para transformal.

Imaxes da Galleira o día da palestra.

// Vigo: Garantía de Vida, documentario.

Este xoves 11 de novembro, coa colaboración de AGARESCO a Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo estreará o documentario Garantía de Vida, documentario que fala da loita pola despenalización do aborto na República Dominicana.

O aborto sigue sen ser parte dos dereitos fundamentais para as mulleres a nivel global, coñecer as conquistas dos feminismos do mundo é tamén o noso labor como feministas.

Multicines Norte (Vigo) ás 20h.

A non perder!

// Coloquio: De que falamos cando falamos de feminismo decolonial? con Karina Ochoa

Neste mes de novembro teremos a oportunidade de achegarnos ao feminismo decolonial da man de Karina Ochoa, socióloga e activista feminista mexicana coa que conversaremos en Ourense e na Coruña. “De que falamos cando falamos de feminismo decolonial?” quere ser unha achega a este feminismo que analiza o proceso de colonización e o papel que nel xoga o patriarcado, desmontando a ollada eurocéntrica branca sobre os procesos de opresión e as propostas de emancipación.

Non perdades a oportunidade!

Se queredes coñecer algo máis a Karina Ochoa aquí vos deixamos algunha ligazón:

https://www.comunalizarelpoder.com.ve/…/deco…/modulo-3-0

https://www.elsaltodiario.com/…/karina-ochoa-feminismos…

https://www.youtube.com/watch?v=neRrBoGiuLE

// Vigo: Por que falamos de prostitución no marco da violencia machista?

O xoves 4 de novembro temos un Vigo a oportunidade de debater dun dos temas que máis controversia causa no movemento feminista mas sobre o que é preciso traballar para construír un mundo libre de violencia.

Achegádevos a participar no coloquio e a escoitar a Silvia Pérez Freire.

+ info sobre a poñente: https://imaginariosyrepresentaciones.com/miembros/silvia-perez/

Volveron os cafés feministas!

As compañeiras de Ourense recuperaron os cafés feministas tras o levantamento das restriccións máis duras na cidade e este xoves 10 de decembro falaron no MUR Marxinal sobre se o feminismo é unha cuestión de expertas.

A formación e o debate son imprescindíbeis para afortalar o movemento feminista, aprendermos xuntas.

Cafés feministas en Ourense

Logo do parón pola Covid19 voltan a Ourense os debates feministas e o encontro entre mulleres para reflexionar e movernos para a acción.

Os cafés feministas nacen coa vontade de ser un espazo de encontro e diálogo sobre os temas que habitualmente fican fóra da axenda e que permiten vernos e conversar sen as presións dos acordos ou as conclusións que adoitan ter outro tipo de espazos de debate feministas.

Esta é a programación que fica até finais de ano 2020:

Antoloxía sobre economía feminista da MMM de Chile

As nosas compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres de Chile realizaron neste 2020 unha antoloxía sobre Economía Feminista a través da revista Ceres.

Deixamosvos o enlace para que podades desfrutar e aprende con elas: DESCARGAR

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram