O pasado venres 4 as compañeiras da Coruña fixeron unha performance na que cantaron esta versión da cantiga latinoamericana Nos queremos vivas.
Canta a Bea a de Estrella
Construíndo feminismo anticapitalista dende o 2000
Estas son as novas publicadas pola Coordenadora Comarcal de A Coruña
O pasado venres 4 as compañeiras da Coruña fixeron unha performance na que cantaron esta versión da cantiga latinoamericana Nos queremos vivas.
Canta a Bea a de Estrella
[ A Coruña ] Dende as coordinadoras locais da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres e da Plataforma Feminista Galega queremos informar de que o pasado mércores tivo lugar unha primeira reunión para comezar a traballar conxuntamente na organización e preparación do 25 de novembro, xuntando forzas para amosar nas rúas a nosa repulsa ás violencias machistas.
No caso de que outros colectivos feministas ou mulleres individuais estean interesadas en participar na organización desta data poden poñerse en contacto con nós nas contas de correo:
MMM: mmmcorunha@gmail.com
PGF: pfgcorunha@gmail.com
O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo acceso ao aborto legal e seguro. Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo.
Coa posterior modificación do Partido Popular en 2015 hoxe as mulleres de 16 e 17 anos ven privada a súa capacidade decisión sobre os seus corpos pois deben conseguir un permiso paterno (ou xudicial) para interrumpir un embarazo. Reiteramos que estas mulleres, que poden decidir libremente sobre todos os aspectos das súa vida deben ter dereito a decidir sobre a súa maternidade. A derrogación da modificación da lei de 2010 debe ser inmediata por parte do novo goberno do estado.
Para alén diso a sanidade pública galega, amparada na incompleta lei do 2010, esta a financiar abortos en clínicas privadas debido a casos de obxección de conciencia do persoal sanitario. En casos de interrupcións voluntarios de embarazos de máis de 9 semanas no que a motivación é a saúde psicolóxica da muller a sanidada pública non é quen de garantir a realización da intervención e acaba financiando a mesma en centros privados. Así dende Ourense e Lugo as mulleres teñen que desprazarse fóra da provincia. En casos nos que se superan as 14 semanas os desprazamentos son mesmo fóra da Galiza, coa dificuldade engadida que ten o desprazamento a tantos kilómetros para unha intervención médica. Esiximos que o SERGAS garanta a IVE libre e todos os casos médicos que a lei permite.
Así o dereito ao aborto seguro e na sanidade pública aínda é hoxe unha conquista pendente no noso país. Cómpre mudar a lexislación para que o personal sanitario non poda negarse a facer unha intervención legal e impedir asi que a IVE se convirta nun negocio máis para as clínicas privadas, financiado co diñeiro de todas, incrementando o gasto que implicaría unha intervención no centro máis próximo ao lugar de residencia da muller.
Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo tamén garantindo medios para que exista educación afectivo sexual nas escolas, acceso a anticonceptivos nos centros quérote e recursos e programas sobre reproducción nas institucións locais como os CIMM, co fin de colocar todas as ferramentas ao dispor das mulleres que permitan reducir as IVE, e en todo caso, garantilas na sanidade pública.
En sororidade feminista.
Acción de rúa feita polas compañeiras da Coordenadora Local da Coruña.
Este mércores 31 ás 20.30h participamos nunha mesa redonda sobre Rock e Xénero organizada no marco do Festival Rock in Cambre. Esperámosvos no Centro Sociocultural da Barcala. #FeminismoParaVivir
Ateigada a A.C Alexandre Bóveda hoxe para falarmos de feminismo, transfeminismo, categorías políticas e do suxeito do feminismo. Existen as mulleres?
#FeminismoParaVivir
#FeminismoSenTregua
Máis unha vez as peores consecuencias do machismo golpea en Galiza: o asasinato dunha muller.
Nesta ocasión a veciña de Coruña asasinada tiña 79 anos e era sogra do asasinato que ademáis tentou secuestrar á súa crianza de 21 meses, cando o capturaron tiña billetes para viaxar con ela fóra do estado.
O machismo é a principal causa de morte das mulleres no mundo. Unha violencia que non cesa e que cando consigue continuar na sombra destrúe a vida das mulleres mesmo que non se dé a peor das súas consecuencias, o asasinato.
Por iso, e porque as respostas institucionais son absolutamente insuficientes e non cremos xa nas mentiras dos pactos de estado, voltamos mobilizarnos para reclamar solucións de futuro: unha coeducación que comece na escola e que sirva para criar unha sociedade de iguais coa vida como valor supremo, recursos para atender ás mulleres que sufren violencia, xulgados con profesionais e recursos, xuízos xustos e rápidos, acabar coa presión das custodias compartidas impostas e cunha cultura que segue a ter o machismo como piar básico do relacionamento entre persoas.
Convidámosvos a participar da CONCENTRACIÓNS que terán lugar este mércores 23 ás 20H e a denunciar cada día e en cada espazo a violencia machista.
#NenUnhaMenos
#NenUnhaMáis
#QuerémonosVivas
#BastaDeViolencia
Sábado 13 de novembro de 2010 no Centro CÃvico Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n) apartires das 10h30Â
“A tolemia do corpo” é un obradoiro onde a través de técnicas de teatro, expresión corporal e autocoñecemento desenvolveremos unha linguaxe propia liberándonos de anos de educación, regras e normas inhibidoras e represoras. Procuraremos esa “tola” querida que temos todas dentro, esa nena que actúa antes de pensar e vive sen barreiras, sen prexuizos e sen medos nen dela propia nen das demais. O obxectivo desta xornada? aprender a sermos libres!
O obradoiro será impartido por Minke Lap, licenciada en Teatro e Drama polas universidades de Utrecht (Holanda e Leeds (Inglaterra. Minke ten traballado como profesora de teatro fÃsico, improvisación, expresión corporal asà como coordinando diversos proxectos teatrais entre os que se encontra o grupo de Teatro d@ Oprmid@ “Trocando Peles” que define como “unha oportunidade para volver á esencia do teatro, onde este funciona como ensaio da realidade con capacidade de ser usado como axente transformador da mesma.”
Para as participantes neste obradoiro é altamente recomendábel asistir á proxección do filme “Jana Sanskriti: Un teatro en campaña” que terá lugar o venres 12 ás 19h15.
Para mais información e inscripcións contactar en marchacorunha@gmail.com
A proxección do documental “Jana Sanskriti: Un teatro en campaña” de Jeane Dosse terá lugar o venres 12 de novembro ás 19h15 no Centro CÃvico do Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n).                                                                                                                                           Â
A través do Teatro da Oprimid@ as participantes do Jana Sanskriti (a cultura do pobo) fan frente ao patriarcado, á corrupción e á indiferenza, desvelándonos unha India Solidaria
 “O diálogo nunha relación cria unha pedagoxÃa onde aprendemos xuntas, e a propia relación inspÃranos para avanzar no camiño onde nos imos descobrir a nós propias. Este descobrimento é o que se chama unha revolución interna, que nos inspira cara a revolución externa”Â
23 Mulleres vindas de diferentes perspectivas vitais e profesionais reunÃmonos durante 3 dÃas no Centro CÃvico de Labañou para participar no obradoiro de Teatro da Oprimida organizado pola Marcha Mundial das Mulleres no pasado mes de agosto.
A través dun proceso de tomada de consciencia sobre nós propias, a nosa relación coas demais e coa sociedade actual en que vivimos, fomos aprendendo da man de Sandra Silvestre,  compañeira da Marcha Mundial das Mulheres de Portugal, a visualizar as opresións que sufrimos as mulleres usando o noso corpo e integrándoo nun espazo de creatividade colectivo que nos serviu tanto para construÃr diálogos entre nós propias como coas demais.A convivencia coas compañeiras foi moi enriquecedora e apesares da intensidade do curso conseguiuse unha atmosfera de enerxÃas compartidas que fixeron desta unha experiencia inesquecÃbel.
O obradoiro culminou ca representación de dúas pezas de Teatro Forum intitulado “Mulleres: vivimos como resistimos” sobre as actitudes paternalistas e discriminación laboral e social contra as mulleres novas, e sobre as presións afectivas exercidas pola familia que fan con que moitas veces as nosas propias decisións sexan limitadas. A posta en cena do grupo de participantes no obradoiro como do público que asistiu á representación tiveron unha forza rotunda demostrando que algo se mexe dentro de nós e que precisamos apenas das ferramentas axeitadas para floreza e se accione.
No próximo mes de outubro (data aÃnda por confirmar) organizaremos a proxección dun documental sobre un grupo de Teatro da Oprimida de mulleres na India e falaremos entre as interesadas sobre posÃbeis iniciativas de teatro social na nosa cidade.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres na Coruña agradecemos inmensamente ao grupo de TO por participar connosco na concentración do sábado 28 polo asasinato de Montserrat Labrada de Lugo, e por criar unha belÃsima peza de Teatro Imaxe de grande forza e sentimento sobre a necesidade de unidade e loita das mulleres e de toda a sociedade contra as violencias machistas,.
GalerÃa de imaxes:
{gallery}2010_TOprimidacorunha{/gallery}
Moito obrigadas a todas
Domingo 29 de agosto ás 17h no Centro CÃvico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) na Coruña
As participantes no obradoiro de Teatro da Oprimida organizado pola Marcha Mundial das Mulleres na Coruña oferecen como parte dos 3 dÃas intensos de aprendizaxe o exercicio teatral “Mulleres…vivimos como resisitimos”.
En dous pequenos sketches que versarán sobre a propia experiencia como mulleres na sociedade actual convidarase ás espect-actoras a compartiren alternativas na procura de estratexias de resistencia frente a opresión e na transformación colectiva da sociedade.
Esta é pois unha boa oportunidade de experimentar o TO da perspectiva feminista de mulleres na nosa cidade
Esperamos contar convosco!