Lembrade que este xoves tedes unha cita en Ourense cos Cafés Feministas, desta volta e ás portas do entroido… poden ser as festas populares feministas? Participa!
Ourense
// Ourense: Karina Ochoa. Feminismo Decolonial
Xa temos a disposición de todas a palestra de Karina Ochoa en Ourense falando de feminismos decoloniais, unha oportunidade única para achegarnos de primeira man a este pensamento que nos pode dar ferramentas para analizar a nosa propia realidade e actuar sobre ela para transformal.
Imaxes da Galleira o día da palestra.
// Ourense: mobilización SOS Ourense
Hoxe estivemos nas rúas de Ourense defendéndenos contra o desmantelamento das políticas de igualdade de PP e Jácome
Para denunciar a ausencia total de políticas con perspectiva feminista no Concello de Ourense.
Para denunciar o incumplimento sistemático dos Plans de Igualdade/Equidade do Concello de Ourense.
Para denunciar a desaparición de facto da Concellería de Igualdade área que hoxe non ten apenas peso no organigrama do goberno.
Para demandar a recuperación das actividades de sensibilización , prevención e empoderamento arredor do 25N e 8 de Marzo.
Para demandar a recuperación das subvencións para colectivos que traballan no ámbito da igualdade e o feminismo.
Para denunciar a un Alcalde machista.
Galería da mobilización:
// Actividades Ourense (xuño – agosto)
Feminismo 365 días no ano!
A coordenadora local de Ourense recolleu neste cartaz as súas actividades de xuño, xullo e agosto.
Botade un ollo e participade!
Actividades:
Xuño:
10 de xuño ás 19.30. Café feminista. Feminista e Queer. é posíbel?
24 de xuño ás 19.30. Mesa redonda transfeminismo ferramenta de presente e de futuro.
Xullo:
8 de xullo ás 19.30. Café feminista. Cando molesta un corpo de muller espido?
9 de xullo ás 20. Proxección Monstras.
16 de xullo ás 20. Proxección Monstras.
29 de xullo ás 22. Trivial feminista.
Agosto:
12 de agosto ás 19.30. Café feminista. Podemos debater de prostitución sen crispación?
26 de agosto ás 20. Olimpiadas Feministas.
Manifestación do SAF Galiza en Ourense
Manifestación da Plataforma Saf Galiza en Ourense en defensa dos postos de traballo e da municipalización do servizo.
O público é servizo, o privado beneficio.
Artigo sobre as reclamacións do SAF Galiza:
Coidados – SAF Galiza
Ourense – Cafés Feministas
Este xoves voltan os cafes feministas a Ourense en formato presencial.
No MUR MARXINAL falaremos de violencia obstétrica, acude e difunde!
Maios Ourense 2021
Estamos de maios! E estamos de maios rebeldes porque o Concello de Ourense non os convoca maiss o pobo autoorganízase e toma as rúas!
As coplas feministas que non faltan á cita desde 2013
Nunha cara o feminismo, para vivir, para resistir, para construír, noutra o amarelo de #EmerxencialCulturaOurense para crear, para reivindicar, e na outra o negro do que imos saír mas nos que habitamos cun goberno que goberna contra todas. Porque os maios son festa, tradición e cultura mais tamén loita e reivindicación!
Volveron os cafés feministas!
As compañeiras de Ourense recuperaron os cafés feministas tras o levantamento das restriccións máis duras na cidade e este xoves 10 de decembro falaron no MUR Marxinal sobre se o feminismo é unha cuestión de expertas.
A formación e o debate son imprescindíbeis para afortalar o movemento feminista, aprendermos xuntas.
Cafés feministas en Ourense
Logo do parón pola Covid19 voltan a Ourense os debates feministas e o encontro entre mulleres para reflexionar e movernos para a acción.
Os cafés feministas nacen coa vontade de ser un espazo de encontro e diálogo sobre os temas que habitualmente fican fóra da axenda e que permiten vernos e conversar sen as presións dos acordos ou as conclusións que adoitan ter outro tipo de espazos de debate feministas.
Esta é a programación que fica até finais de ano 2020:
