Acto creativo dun Milladoiro no VII Encontro Internacional

A Marcha Mundial das Mulleres quere retomar a orixe do milladoiro, cunha simbolxía inicial como construción milenaria que simboliza a ofrenda ás deusas e deuses para protexernos e guiarnos no camiño.

O propósito do noso camiño “Mulleres en marcha até que todas sexamos libres” é o que se quere plasmar coa construción deste milladoiro, que tres mozas de Belas Artes: ANA GESTO, ADA ADRIANA GARCÍA, e MARTA LÓPEZ lograron captar para crear esta peza escultórica e este espectáculo, que imos vivir o domingo 19 ás 11.30 diante da Praza do concello de Vigo.

A icona coa que se representa a estas deusas e deuses mitolóxicas/os ao longo da historia da arte é a sandalia. Este tipo de calzado existe dende a antigüidade e a súa gran peculiaridade é que quedan ao descuberto as dedas e outras partes do pé. Nesta peza escultórica únense a icona da sandalia e a icona da zoca, calzado galego primitivo utilizado pola muller traballadora como elemento simbólico dunha  identidade. A forma da zoca transmite na súa estrutura unha gran idea de forza, simbolizando a unha anfitrioa que recibe e invita a continuar o camiño.

Desta maneira unimos a forza das mulleres achegadas de todos os países do mundo coa forza de todas as mulleres achegadas de toda Galiza, nunha peza disposta en circulo, símbolo de poder, de divinidade, de proteción para comezar o camiño, neste caso a marcha polas rúas de Vigo.

Vaise realizar un grande espectáculo ideado e creado por estas tres novas escultoras-artistas coa colabooración de Uxía Pedreira e Nut teatro.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram