Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras e mulleres convidadas de paÃses como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aÃnda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.
Deuse o caso de representantes de coordenadoras que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.
O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes paÃses e culturas.
A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e MÃriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.
Na mañá do dÃa 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, HaitÃ, India, Italia, Kenia, LÃbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, TurquÃa.
A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economÃa financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economÃa que é virtual ten impacto na economÃa real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.
O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra tÃtulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas.
Conclúe Miriam Nobre que temos que construÃr unha forza grande todas as mulleres para reaccionar a esta situación.
Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.
Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e OceanÃa, Américas, Ãfrica, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.
No contexto do Encontro Internacional, a soberanÃa alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de SoberanÃa Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saÃda na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema “MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDOâ€. Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación MarÃtima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres.