Crónica do 25N en Compostela

O luns 21 de Nov. Charla con Mª Xosé Porteiro sobre o tratamento da violencia machista nos medios. Destacada xornalista nos anos 80-90,pioneira en exixiren servizos públicos para as mulleres,como A Casa de Acollida.Traballou na prensa,na radio e foi diputada na Galiza e tamén en España.Loitadora polos dereitos das mulleres. Da súa man coñecimos a lexislación que fai que cada comunidade autónoma se autorregule,tendo carta branca á hora de informar,pasando do código ético do xornalismo. Conversamos sobre cómo se transmiten as novas sobre violencia machista,a falla de moral en describiren ás que sofren malostratos,as aberracións cometidas cando se contan feitos desta natureza.Ademais tratouse o tema do dano que está a causar a TV, na publicidade sexista e nas películas que reproducen roles que xa debían estar superados hoxe en día .Outra idea fundamental é a de introduciren nas facultades de Xornalismo perspectiva de xénero para que @s futur@s estudantes saiban coidar os contidos que manexan sobre o tema da muller.Quedounos bo sabor de boca e gañas de seguiren afondando.

teatroforum.jpg

O martes 22 de Novembro, o Teatro da Oprimida fixo a súa aparición nas Xornadas de Loita contra o Patriarcado, un teatro fórum que non só representa, tamén insta ao público a participar na obra. Neste caso, amosouse unha situación bastante común: unha muller maltratada polo seu home. Fixéronse varias actuacións, representando diversos contextos. Por unha banda, unha muller anulada por completo pola súa parella durante unha conversa con amigos e amigas. Por outra, unha conversa entre a víctima e unha amiga, que nota algo extraño no seu comportamento pese aos reiterados intentos de rehuir a conversa. Por último, un marido enfurecido humillando e denigrando á súa muller, que durante a agresión cavila nos seus desexos de liberdade. Despois da representación, abriuse un debate que intentaba chegar a unha forma de deter esta situación. Varias persoas do público fixeron propostas sobre en qué momento dun determinado contexto se podía conseguir, e saíron ao escenario no papel da personaxe que consideraban clave. Algunhas e algúns optaron polo encaramento co opresor, alguén optou pola búsqueda dunha man amiga que nos preste axuda. Pero, en ningún caso se conseguiu, o cal fixo que chegaramos a unha conclusión en común: poder parar esta situación, non só é traballo da muller maltratada, anulada psicolóxicamente e que dificilmente reunirá forzas para encararse coa súa realidade, nin do seu círculo máis cercano, que pouco pode conseguir sen a vontade da víctima. É unha labor social e inminente, no que todas e todos temos que traballar a prol dunha muller autónoma que non ceda ante a ofensiva patriarcal.

curtascompos.jpg

O mércores proxectáronse dúas curtas, “Nasija” e “Desenfocada”, que mostran as distintas caras da violencia machista a través de dúas historias ben distintas: unha na África subsahariana e outra na sociedade occidental. As curtas facilitaron un debate posterior sobre os tipos de violencia e as solucións a esta; afloraron tamén distintas críticas ás curtas, aos estereotipos e á imaxe da muller que moitas veces ten a sociedade á hora de falar da “violencia de xénero” nas súas formas e no seu sentido máis xenérico, amosando a necesidade de transmitir unha mensaxe de empoderamento das mulleres.

charocompos.jpg

O xoves 24 tivemos a sorte de contar coa presencia de Lola Ferreiro para falarnos da violencia institucional. A Catedrática, que se define a si mesma como feminista de clase; mostrounos como a violencia de xénero é un problema estrutural, que vai máis aló do maltrato físico. Con todas as súas achegas, Lola mostrounos como a finalidade da violencia institucional é manter a situación de opresión. Para rematar Lola Ferreiro falounos da Lei de Familia, deixando ao descuberto a concepción baixo a cal está feita, e cales son as súas pretensións.

compos06.jpg

VENRES 25 de Nov, Concentración no Toural:

Este ano a novidade foi que temos un novo punto de encontro:a libraría Lila deLilith,dende onde saimos para a praza co megáfono e a pancarta,ilusionadas,á vez que cansas polo esforzo realizado.Unha vez no Toural,nos esperaban as mozas de Galiza Nova,as dos comités abertos de facultade,a Rede Feminista de Compostela e tamén nos tiñan pedido colaborar @s indignad@s e Implicadas no Desenvolvemento. Coreamos e cantamos as coñecidas consignas para a ocasión.Logo dúas mozas da Marcha,que convocou o acto,leron o noso manifesto,facendo un epílogo dicindo que ogallá non tiveramos que xuntarnos cada 25 de Novembro endexamáis,polo tanto non hai NADA que celebrar,como non sexa seguir xunguidas facendo forza.

[ Ver Álbum fotos ]

[ Ver fragmento video ]

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram