DECLARACIÓN POLÍTICA


 

Marcha Mundial das Mujeres
Declaración Política

 

Nós, integrantes do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, reunidas en Xenebra, Suíza, do 23 ao 29 de maio do 2015, tivemos a oportunidade de coñecer os esforzos organizativos e de alternativas comunitarias que están a construír as nosas compañeiras da Marcha Mundial de Suíza, así como escoitar as experiencias das nosas compañeiras novas integrantes da caravana feminista que están a atravesar Europa. Tivemos oportunidade de compartir experiencias, reflexións e coñecer os problemas que enfrontan as mulleres emigrantes, a discriminación, o estigma, os efectos das políticas de austeridade e a crecente militarización e presenza armada que implican violencia na vida dos pobos e das mulleres no Norte e Sur.

Xuntas constatamos a presenza agresiva de militares, ataques terroristas de grupos de extremismo relixioso e a voracidade de compañías transnacionais que rouban e desaloxan aos pobos dos seus territorios, controlándoos, exercendo violencia sexual e provocando embarazos forzados, enfermidades e contaminación dos bens naturais dos pobos orixinarios en todo o mundo.

Ao anterior súmanse as consecuencias dos cambios climáticos e as políticas de Estados que provocan extrema pobreza, destrúen servizos públicos, orixinan desemprego, perda de vivendas que resulta nunha crecente migración e tráfico de persoas, sobreexplotación e morte. Todos estes problemas son resultado do sistema patriarcal, capitalista e neocolonial que continua usando ás mulleres, os pobos e a natureza como obxectos e mercadorías para a sobreexplotación e xeración da súa riqueza, que crea e afonda a desigualdade entre países e entre rexións dos mesmos países.

 

Neste contexto celebramos que en 30 países do mundo, dende o Sur e Norte, durante o 8 de marzo Día Internacional das Mulleres e o 24 de Abril “24 horas de Acción Feminista”, denunciamos ás empresas transnacionais, solidarizámonos coas vítimas e demandamos xustiza e reparación para as mulleres de Rana Plaza – Bangla Desh e as traballadoras do mundo.
Saudamos a resistencia e organización de comunidades, pobos orixinarios e movementos sociais que están a provocar cambios políticos progresistas nalgúns países do mundo, onde as mulleres xogaron un rol moi importante que implican esperanza para os pobos.

Facemos un chamado a continuar organizándonos e participando na 4ª Acción Mundial da Marcha Mundial das Mulleres, a avanzar na construción de alternativas para a vida dos pobos e das mulleres.

 

Seguiremos Marchando ata que todas sexamos libres.
Comité Internacional Marcha Mundial das Mulleres
Xenebra , Mayo 28 do 2015

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram