Palestra da Marcha Mundial das Mulleres en Bergantiños

Seguindo coa campaña dos actos  que a Marcha Mundial de Mulleres está a desenvolver en todo o noso país en defensa do dereito ao aborto, tivo lugar onte a charla na Comarca de Bergantiños donde participaron unha treintena de mulleres e homes, a delegada da Asociación de Fibromialxia de Bergantiños (AGAFI) e integrantes do proxecto Rodela e do Banco de Tempo.

Fíxose unha ampla exposición da problemática do aborto abordando a situación actual e a presentación do libro “O Dereito a Decidir” -situación e alternativas á despenalización do aborto- donde se recóllen as conclusións das xornadas que se desenvolveron no ano 2008 na cidade da Coruña.

Con esta publicación e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico pretendemos aportar diversos puntos de vistas que axuden a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización e establecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas á despenalización.

Rematada a exposición das ponentes abriuse un coloquio donde se tratou de afondar nas diversas alternativas que nel se recollen.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram