17 de Outubro – Actividades en Vigo no encerramento da 3ª Acción Internacional

Na Coordinadora Nacional Galega levamos varios meses realizando diversas actividades e encontros a nivel local e nacional para divulgar os valores de traballo en rede das mulleres contra a violencia machista e pola paz e desarme, así como para preparar o momento mais importante da III Acción Internacional, no próximo domingo, 17 de Outubro a partir das 11:30 horas.

Nesta data, conscientes das accións e mobilizacións simultáneas das nosas irmás en todo o mundo, as mulleres galegas unirémonos ás celebracións coas seguintes actividades:

– Realizaremos a nosa Acción Nacional Galega en Vigo (Pontevedra), con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizaremos e denunciaremos a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.

– Enviaremos dúas delegadas galegas a participar na Mobilización Internacional en Sud Kivu (RD Congo) na que se espera asistan mais de 1000 mulleres de todo o mundo, especialmente da zona dos Grandes Lagos e resto de África.

 

PROGRAMACIÓN EN VIGO.
11:30 horas: Obradoiros e exposicións
12:30 horas: Tribunal de Acusación
14:00 horas: Actuación de Tanxedoras

 

Esperamos poder contar contadas vós.

Mulleres en marcha, ata que todas sexamos libres!

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram