Un novo asasinato machista no noso país

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DA MOZA IRIA GARCIA BOUZA
A nosa veciña, Iria García, de 28 anos, foi asasinada polo seu exmozo, onte en Xuvia. A orde de afastamento, nesta ocasión, de nada lle serviu, ante un machista e violento asasino.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Iria e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
O VINDEIRO MERCORES 27 DE XUÑO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO
.
Tamén haberá concentracións en:
.
Compostela
Martes 26 de xuño ás 20:30h en Porta Faxeira! convoca a Rede Feminista Galega
.
Ourense
Mércores 27 ás 20.00h na Praza do Ferro convoca Marcha Mundial das Mulleres
.
Vigo
Xoves 28 ás 20.00h diante do Museo Marco (rúa Príncipe 54) convocan Marcha Mundial das Mulleres e Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos
.
*actualizaremos con todas as que coñezamos*

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram