Crónica do 25N en Compostela

teatroforum.jpg

O luns 21 de Nov. Charla con Mª Xosé Porteiro sobre o tratamento da violencia machista nos medios. Destacada xornalista nos anos 80-90,pioneira en exixiren servizos públicos para as mulleres,como A Casa de Acollida.Traballou na prensa,na radio e foi diputada na Galiza e tamén en España.Loitadora polos dereitos das mulleres. Da súa man coñecimos a lexislación que fai que cada comunidade autónoma se autorregule,tendo carta branca á hora de informar,pasando do código ético do xornalismo. Conversamos sobre cómo se transmiten as novas sobre violencia machista,a falla de moral en describiren ás que sofren malostratos,as aberracións cometidas cando se contan feitos desta natureza.Ademais tratouse o tema do dano que está a causar a TV, na publicidade sexista e nas películas que reproducen roles que xa debían estar superados hoxe en día .Outra idea fundamental é a de introduciren nas facultades de Xornalismo perspectiva de xénero para que @s futur@s estudantes saiban coidar os contidos que manexan sobre o tema da muller.Quedounos bo sabor de boca e gañas de seguiren afondando.

teatroforum.jpg

O martes 22 de Novembro, o Teatro da Oprimida fixo a súa aparición nas Xornadas de Loita contra o Patriarcado, un teatro fórum que non só representa, tamén insta ao público a participar na obra. Neste caso, amosouse unha situación bastante común: unha muller maltratada polo seu home. Fixéronse varias actuacións, representando diversos contextos. Por unha banda, unha muller anulada por completo pola súa parella durante unha conversa con amigos e amigas. Por outra, unha conversa entre a víctima e unha amiga, que nota algo extraño no seu comportamento pese aos reiterados intentos de rehuir a conversa. Por último, un marido enfurecido humillando e denigrando á súa muller, que durante a agresión cavila nos seus desexos de liberdade. Despois da representación, abriuse un debate que intentaba chegar a unha forma de deter esta situación. Varias persoas do público fixeron propostas sobre en qué momento dun determinado contexto se podía conseguir, e saíron ao escenario no papel da personaxe que consideraban clave. Algunhas e algúns optaron polo encaramento co opresor, alguén optou pola búsqueda dunha man amiga que nos preste axuda. Pero, en ningún caso se conseguiu, o cal fixo que chegaramos a unha conclusión en común: poder parar esta situación, non só é traballo da muller maltratada, anulada psicolóxicamente e que dificilmente reunirá forzas para encararse coa súa realidade, nin do seu círculo máis cercano, que pouco pode conseguir sen a vontade da víctima. É unha labor social e inminente, no que todas e todos temos que traballar a prol dunha muller autónoma que non ceda ante a ofensiva patriarcal.

curtascompos.jpg

O mércores proxectáronse dúas curtas, “Nasija” e “Desenfocada”, que mostran as distintas caras da violencia machista a través de dúas historias ben distintas: unha na África subsahariana e outra na sociedade occidental. As curtas facilitaron un debate posterior sobre os tipos de violencia e as solucións a esta; afloraron tamén distintas críticas ás curtas, aos estereotipos e á imaxe da muller que moitas veces ten a sociedade á hora de falar da “violencia de xénero” nas súas formas e no seu sentido máis xenérico, amosando a necesidade de transmitir unha mensaxe de empoderamento das mulleres.

charocompos.jpg

O xoves 24 tivemos a sorte de contar coa presencia de Lola Ferreiro para falarnos da violencia institucional. A Catedrática, que se define a si mesma como feminista de clase; mostrounos como a violencia de xénero é un problema estrutural, que vai máis aló do maltrato físico. Con todas as súas achegas, Lola mostrounos como a finalidade da violencia institucional é manter a situación de opresión. Para rematar Lola Ferreiro falounos da Lei de Familia, deixando ao descuberto a concepción baixo a cal está feita, e cales son as súas pretensións.

compos06.jpg

VENRES 25 de Nov, Concentración no Toural:

Este ano a novidade foi que temos un novo punto de encontro:a libraría Lila deLilith,dende onde saimos para a praza co megáfono e a pancarta,ilusionadas,á vez que cansas polo esforzo realizado.Unha vez no Toural,nos esperaban as mozas de Galiza Nova,as dos comités abertos de facultade,a Rede Feminista de Compostela e tamén nos tiñan pedido colaborar @s indignad@s e Implicadas no Desenvolvemento. Coreamos e cantamos as coñecidas consignas para a ocasión.Logo dúas mozas da Marcha,que convocou o acto,leron o noso manifesto,facendo un epílogo dicindo que ogallá non tiveramos que xuntarnos cada 25 de Novembro endexamáis,polo tanto non hai NADA que celebrar,como non sexa seguir xunguidas facendo forza.

[ Ver Álbum fotos ]

[ Ver fragmento video ]

As actividades do 25N da Marcha Mundial das Mulleres na prensa

img_4841 rolda.jpg

img_4841 rolda.jpg

http://www.20minutos.es/noticia/1232798/0/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-violencia-genero-motivo-ano-mas-1110-ordenes-proteccion-galicia-donde-ya-causado-dos-muertes-20111124182933.html

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/24/0003_201111F24C7993.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/11/26/0003_201111O26C10991.htm

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/11/26/5000-personas-enlazan-vigo-denunciar-violencia-genero/600864.html

http://www.laregion.es/noticia/183376/voces/femeninas/defiende/papel/mujer/musica/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/11/25/0003_201111O25C9994.htm

http://www.laregion.es/noticia/183611/rebelion/contra/violencia/genero/politicos/ciudadanos/

http://www.tempodelecerourense.com/Novas/RUA/MMM2011.dwt

 

Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

O pasado 21 de novembro, comezou o Encontro Internacional da MMM, na cidade de Quezon, Filipinas.

No primeiro día chegaron a Filipinas 80 mulleres procedentes de 34 países que se reunirán durante estes días para pór en común o traballo desenvolvido en cada un dos países e as estratexias de futuro.

O primeiro dos debates conxuntos configurou a análise política da situación actual en 4 eixos:

1 – Somos un movimento arraigado nas loitas locais e con relacións e estratexias internacionais.
2 – Articulamos os puntos comúns das loitas nos catro eixos de acción definidos en 2010.
3 – Creamos, de forma colectiva, experiencias democráticas de autoxestión donde todas podamos contribuir.
4 – Construimos alianzas que podan afortalar a loita feminista en todas as áreas.

A continuación podedes ver as fotos da chegada das delegadas galegas e das primeiras xornadas do Encontro Internacional.

25N: Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machista

25n2011.jpg
25n2011.jpg
O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.
Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista.
Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas. As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.
Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista…non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.
Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.
Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.
Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.
EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.
Convocatorias deste ano:
Compostela
Venres 25 – 20.00h
Concentración na Praza do Toural
Xornadas de loita contra o patriarcado”(A violencia nas súas diferentes vertentes)
21 Novembro   “A violencia de xénero nos medios” María Xosé Porteiro
22 Novembro   Teatro forum guiado por Minke Lap
23 Novembro   Proxección das curtas “Desenfocada” e “Nasija”
24 Novembro   “A violencia institucional” Lola Ferreiro e Victoria e Dieguez
Lugar:
Librería Lila de Lilith (Rúa Travesa nº7)
Hora:
20:00
.

Ferrolterra
Venres 25 – 20.00h
Concentración na Praza Verde (Perlío – Fene)
.
Ourense
Venres 25 – 20.30h
Teatro na rúa: percorrido polas prazas: Parque San Lázaro (edificio sindical) – Praza do Ferro – Praza dos Suaves – Santa Eufemia
Sábado 26 – 19.30h
Proxección documental ‘Silenciadas’ + charla co director e música en directo
Museo Municipal de Ourense, Rúa Lepanto
.
Vigo
Venres 25 – 20.00h
Manifestación dende a Farola de Urzáiz ata o Marco
.

O Machismo mata todos os días

cristinasacau.jpg

Achegamos o comunicado lido nas concentracións de Vigo e Ferrolterra en lembranza de Cristina González Sacau asasinada o 11 de outubro en Curuxo, Vigo e en denuncia da violencia machista.

cristinasacau.jpg

 

 

Comunicado lido en Vigo e Ferrolterra: Hoxe atopámonos aquí reunidas para repudiar o asasinato de Cristina González  Sacau. Unha muller nova, de 39 anos, chea de vitalidade e con dous fillos que agora deixa orfos. O crime non foi no metro dunha cidade perigosa de estados unidos, nin nas caóticas rúas de México DF. Como case sempre que unha muller é asasinada, foi na súa casa, en Coruxo, na parroquia onde vivía. O asasinato non foi por un axuste de contas entre narcotraficantes, nin durante un atraco levado a cabo por unha banda do leste, nin durante un enfrontamento entre bandas latinas, foi como case sempre un crime machista; como case sempre o perigo viu da man dunha das persoas máis próximas, o seu marido ate hai uns meses. Non foi un perigoso sicario senón un carpinteiro, Francisco, que levaba unha vida “normal”, que non era percibido polo veciños e pode que nin sequera por Cristina como unha ameaza. Seguía pasando por casa a pesar da separación, seguía mirando aos nenos…

Cristina nunca o denunciara por malos tratos, pero ¿era Francisco un maltratador?. Ninguén diría dun etarra despois de cometer un asasinato que non era un terrorista, ou que foi un momento de ofuscación. Todo o mundo pensaría que o asasinato foi consecuencia dunha ideoloxía. Sen embargo nos crimes por violencia machista, -se non é demasiado evidente o maltrato continuado, e se non hai denuncias previas-, empeza a desligarse o crime da ideoloxía que o provoca.

Análízase caso por caso, individualmente, buscando desesperadamente a orixe dese “arrebato”. Todo para non ter que recoñecer que os crimes son a consecuencia dunha sociedade machista na que existe, pese aos avances acadados nas últimas décadas en prol da igualdade de xénero, un desfase brutal entre a necesidade das mulleres de decidir por se mesmas e a incomprensión masculina ante a perda de poder. É máis doado pensar que foi un “calentón” que asumir que é a consecuencia dunha mentalidade machista, dunha forma perversa de entender a relación entre homes e mulleres, non só nas parellas máis vellas senón tamén en parellas novas e adolescentes.

Francisco erixiuse como titular do dereito de propiedade sobre Cristina, e como tal propietario, decidiu arrebatarlle a vida.  Non coñeciamos a Francisco antes do crime. Non sabemos se poderiamos telo identificado previamente como un  maltratador.

Hai tanto machismo na realidade cotián, tanto maltrato subliminal que nin sequera o percibimos como maltrato; e se o percibimos, convivimos con el sen que nos asuste; asumimos unha dose cotián  de machismo que case nos inmuniza. Tratamos de que nos afecte o menos posible, porque a batalla diaria e cotián é esgotadora.

As mulleres deixamos de “dar a vara” moitas veces para non parecer o “pepito grillo” feminista; por non andar sempre enfadadas polo que algúns denominan tonterías; por non ser acusadas de falta de sentido do humor ante as gracietas e bromas machistas; por non parecer que levamos a vara de medir as desigualdades entre os nosos complementos…

Os homes deixan de loitar contra o machismo moitas veces por non deixar en evidencia a un “colega”; por non rachar esa solidariedade de xénero entre homes; por non parecer os aliados dunha causa que pode debilitar o seu poder; porque pensan moitas veces que “non é un problema deles”.

Pero un día ese machismo sobre pasa o límite, sae a superficie e vemos as peores consecuencias. Un día tras outro o machismo mata, e a sociedade ten que asumir a súa complicidade nestes crimes. Non vale encollerse de ombros e pensar que non se puido facer nada porque a vítima non o denunciou; culpabilizándoa en certa medida.

A responsabilidade do estado, das institucións, da clase política, non é menor por moito que se escuden en que a vítima non tiña ningunha denuncia nin orde de alonxamento. Son responsables por crear leis valeiras de contidos económicos que permitan poñer en práctica os protocolos recollidos nas mesmas. Responsables por aproveitar a crise para desmantelar programas e servizos  a prol da igualdade; para eliminar ou recortar servizos sociais importantes para as mulleres vítimas da violencia machista; para reducir os orzamentos en educación, piar básico para concienciar e traballar en prol da igualdade entre homes e mulleres, etc. etc.

A denuncia desafortunadamente tampouco garante a seguridade das vítimas. A policía, a xustiza, as institucións, non son quen de poñer todos os recursos necesarios para facilitarlle a saída desa situación de violencia ás mulleres que a están sufrindo. Pero non nos enganemos. Nin as leis nin os tribunais poden solucionar todo. Non dariamos abasto para denunciar, xulgar e castigar nos tribunais tantas pequenas e grandes agresións. A xustiza non pode xulgar todos os comportamentos, as predisposicións, os valores e as actitudes machistas, pero a sociedade si. E é a sociedade quen ten que comprometerse nesta loita contra a violencia machista. Non vale conmoverse ante os asasinatos e quedar impasible o resto do ano.

Todas as persoas que estamos aquí hoxe, e moitas que non están, condenamos este acto pola súa brutalidade e fatal desenlace; pero temos que ser conscientes que a este tipo de accións sempre lle acompañan condutas que igualmente teñen que ser condenadas  dun xeito unánime e sen fisuras por toda a sociedade.

Condutas discriminatorias, vexacións, desprezos, maltrato psicolóxico, falta de respecto, insultos, abusos,…. son síntomas desta mesma violencia que hoxe temos que lamentar coa súa faciana máis amarga, na morte de Cristina González Sacau.

Temos que ter intolerancia total ante as desigualdades, debémosllo a Cristina e a todas as mulleres mortas por causa da violencia de xénero, debémosllo a todas as mulleres, a nosa sociedade, ás futuras xeracións e a nós mesmas para poder vivir con dignidade e con respecto á nosa natureza, somos mulleres e non é xusto morrer por selo.

Hoxe só quedan lamentos, pero tamén hoxe é un día para a esperanza de que Cristina González sexa a última asasinada a por cuestións de xénero. É traballo de todas e todos que así sexa, e así debemos camiñar na nosa vida privada e pública, condenando as condutas machistas e esixindo ás administracións a súa responsabilidade social e xurídica para garantir a cobertura necesaria as vítimas de maltrato e así, entre todas asegurar o fin dos asasinatos.

Debémoslle a Cristina, e a cada unha das outras mulleres asasinadas, agredidas, violadas, humilladas,  e as fillas e fillos desas mulleres  o noso compromiso firme e decidido contra a violencia de xénero.

ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA TEN QUE SER UN COMPROMISO DE TODAS E DE TODOS

O MACHISMO MATA, NON SEXAS CÓMPLICE.

[ Ver fotos ]

Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres

Obradoiro de Teatro da Oprimida

TO_mmm.jpg
A mulleres da Marcha Mundial das Mulleres queremos convidarvos a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 21, 22 e 23 de Outubro no Centro Social de Valladares (Estrada xeral de valladares, 261).
TO_mmm.jpg
Para formalizar a inscrición é preciso enviar a ficha adxunta a marchagaliza@gmail.com ou contactarnos directamente no 698159764 ata o Venres 14 de Outubro (Prazas limitadas).
Que é o Teatro da Oprimida?
O “Teatro da Oprimida” comeza nos anos 60 no Brasil impulsado principalmente polo dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Nun contexto histórico de represión política, Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas a través de un teatro de cuño político, libertario e transformador.
Tratase de unha forma de Teatro, entre tantas outras, no entanto, diferénciase por asumir que todas somos e actrices e que o público debe ser o protagonista da acción teatral, o que lle da un carácter extremadamente innovador, creativo e, sobre todo, democrático e participativo.
Cales son os obxectivos?
A través das técnicas do Teatro da Oprimida exploraremos as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria.
Con este obradoiro procuramos: espazos de reflexión, debate e acción dende unha perspectiva feminista; explorar a creatividade e a imaxinación; potenciar a capacidade de resolución de conflitos; profundar na capacidade de acción colectiva e cooperativa e capacitar para unha cidadanía transformadora.
Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxía e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.
Outras informacións:
  • Prezo de compromiso: 10€ por persoa, 5€ estudantes e desempregadas e 15€ prezo solidario.
  • Para chegar ata o CS de Valadares organizarémonos en coches ou utilizaremos o transporte urbano (C7.Saída da Praza dos Cabalos cada 30 min. o venres e cada 45 min. o sábado e o domingo)

Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres

inicioencontroeuropeo.jpg

Dende o 30 de Setembro e ata o 2 de Outubro terá lugar en Skopje o Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres.

A coordenadora galega da Marcha Mundial participa neste encontro con dúas delegadas que trasladarán as reflexións e debates da Galiza.

Actualizacións dende Skopje: [ Ver album fotos actualizado ]

Nestos momentos esta a ter lugar o plenario de inicio que irá seguido dun espazo para pór en común o traballo das coordenadoras nacionais, o traballo durante o campamento das novas o pasado mes de xullo e a presentación do movemento feminista de Macedonia.

inicioencontroeuropeo.jpg

inicioencontroeuropeo1.jpg

 

 

 

 

Foro Social de Ferrol

forosocialferrol.jpg

 

forosocialferrol.jpg

 

 

 

Xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que participou a Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres:

A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu dúas mesas e unha asemblea en Xornada de mañá: 

Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?“, presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres e que interviñeron: Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño; Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo; Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.

Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?“, presentada por Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres, na que interviñeron: Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego; Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo; Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim restramiteu en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das dúas últimas: un sobre “Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos?“, e outro sobre “Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir?“, máis adiante publicaremos os audios das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/

O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.

Áudios

Mesa 5: “Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?”

Descargar o audio

Mesa 6: “Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?”

Descargar o audio

{gallery}2011_ForoSocialFerrol{/gallery}

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram