A Marcha Mundial das Mulheres presenta a Feira de Soberanía Alimentaria como un referente para reflexionar sobre modelos de producción e consumo de alimentos

Eva Gil en representación da Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Povos, foro que agrupa a Veterinarios Sin Fronteiras, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Amarante; Rebeca Iglesias en representación do colectivo “Asociación Cultural Caleidoskopio” ; María García da Vocalía de Muller e Medio Ambiente de ADEGA, e Mariola Mourelo e Lupe Ces en representación da Marcha Mundial das Mulleres, presentaron en Vigo a Feira de Soberanía Alimentaria que se vai desenvolver na Praza da Estrela desta cidade este fin de semana, sábado e domingo en horario continuado de once da mañá a nove da noite.

“A feira está inspirada nos debates que as delegadas da Marcha están realizando sobre o ben común e o acceso ao recursos, na residencia de Panxón” apunta Lupe Ces, “é unha oportunidade para reflexionar sobre un novo modelo de alimentación que priorice a soberania e os dereitos das persoas fronte as multinacionais”. “Se falamos da fame no mundo, do acceso aos recursos, de pobreza, estamos falando de problemas que sofren maioritariamente as mulleres, de aí a importancia de apoiar iniciativas como a da Marcha e organizar e ampliar redes que traballen pola soberanía alimentaria”, afirmou Eva Gil. Mariola Mourelo fixo fincapé nos aspectos organizativos da feira que vai constar de tres carpas con espazos de debate, de lecer e stans onde mais de vinte colectivos entre asociacións, cooperativas e explotacións agrarias, van pór os seus proxectos á debate e os seus produtos á venda. “Non se trata dunha feira de mostras máis, nen dunha feira gastronómica, é o produto dun traballo colectivo onde todos os grupos implicados consensuaron o proxecto que vai estar aberto á cidadanía este fin de semana na cidade de Vigo”. O Colectivo Caleidoskopio intégrase nesta iniciativa desde posturas do activismo vegano “hai que ter en conta que cando falamos de soberanía alimentaria hai que reflexionar tamém sobre a cantidade de recursos que consumimos, por exemplo, unha alimentación vegana representa un 10% do consumo total de auga que implica a alimentación basada no consumo de carne”.

María García da Vocalía de ADEGA, incidiu en que as mulleres teñen que participar na tomas de decisións sobre os procesos de produción e consumo de alimentos, e en xeral na evolución do território.

Primeira xornada de debate por áreas do Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Posta en común de experiencias e denuncia de realidades agresivas contra as mulleres.

O Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres desenvolveu a súa primeira xornada de traballo arredor da violencia contra as mulleres, a paz , os bens comúns e o traballo das mulleres. Estes foran os campos de acción determinados para esta ocasión.

Cada grupo de traballo contou coa presenza de delegadas de todos os paises e chegou ao deseño de liñas de acción que terán que ser debatidas na xornada de hoxe a través de grupos de reflexión organizados desta volta por  un criterio territorial, ou sexa por cada rexión do mundo en que está estruturada a Marcha Mundial das Mulleres, para así adaptar cada tema a cada realidade.

A partir de dous documentos elaborados con contributos das mulleres de Portugal, do Quebec, Filipinas, entre outros,  a reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres foi  o tema máis controvertido, por estar pendente o debate do propio termo, da dimensión da denominación desta violencia e pola multiplicidade de formas e manifestacións que esta ten.

Puideron as delegadas exercer a liberdade de denunciar a violencia machista nos seus países de orixe, e transmitir as experiencias de violencia padecidas polas súas concidadás, sabendo que isto sería imposíbel facelo no seu país.

Na coeducación, a recuperación da nosa memoria como mulleres, a creación de unha nova identidade sexual baseada  na igualdade entre as  persoas, poden estar algúns dos pasos  a dar para transformar a realidade da sociedade patriarcal que está na orixe de toda a violencia contra as mulleres.

As mulleres non queremos  ser vitimizadas por esta sociedade que pola súa conformación favorece a violencia machista. Algunhas formas de violencia son exercidas contra as mulleres de certos países e culturas; o feminicidio, nom só en Ciudad Juárez, e a obrigación para o matrimonio da muller viúva co irman do seu marido, tamén se considera violencia contra as mulleres, que non teñen capacidade de resposta no seo das súas sociedades.

O debate sobre a prostitución, de enorme complexidade, apuntou cara a necesidade de accións de denuncia ou de procura de solidaridade das propias mulleres.

Neste sentido a experiencia da coordenadora nacional da República Democrática do Congo foi explicada polas delegadas deste país, quen centraron as súas accións na conscientización das mulleres das aduanas e das policias deste país para detectar e salvar das redes da prostitución a mulleres, nenas e nenos que eran traficados polas mafias. Coa erradicación do tráfico de seres humanos se lograría apartar da prostitución a unha gran parte das persoas que a exercen, e por suposto tamén coa mellora da condición de vida das mulleres, sobre todo nos paises empobrecidos.


Hai unha expresión africana que simboliza  a falta de valía e que se podería traducir como “estás actuando como unha muller, non tes valor”

O tema da paz e a necesaria desmilitarización do planeta foi outro dos eixos de traballo deste Encontro Internacional, por seren as mulleres as primeiras afectadas, xunto coas crianzas, nas guerras.

As consecuencias da guerra e os seus efectos teñen sido avondosamente tratados. Unha análise novidosa é a que procura as causas das guerras, non a que afonda nas súas repercusións sobre os pobos. Con esta intención se planificou o traballo de debate na área de paz e antimilitarismo do Encontro. A maior parte dos paises en guerra teñen unha gran riqueza natural, son ricos; velaí a relación directa entre a riqueza e a guerra, as causas das guerras son económicas.

As guerras traen consecuencias importantes para as mulleres, e unha delas é a migración, que contrasta coa prohibición da libre circulación das persoas. A coordenadora galega da Marcha Mundial apuntou ao respecto os enormes atrancos burocráticos para conseguir os visados das delegadas de moitos países, e a imposibilidade das delegadas de Camerún, Nixeria, Irán de participar neste Encontro Internacional.

As mulleres poden xogar un importante papel nos conflitos pois poden exercer de mediadoras neles.

A formación é básica para chegar aos lugares de decisión, e nisto houbo coincidencia; a discrepancia manifestouse na valoración como positiva da implicación das mulleres nos exércitos que fan as guerras e que responden ao modelo patriarcal de organización da sociedade.
Tamén non todas as guerras son iguais, algunhas son esquecidas, outras non. Coinciden todas en descargar todo o seu caudal violento en maior medida sobre as crianzas e as mulleres. A delegada ruandesa lembrou o caso dos “nenos dos enemigos” no seu país, dobremente vítimas da guerra.

Para o Encontro Internacional do 2010 este tema será retomado e programado a través de accións concretas, centradas nas vítimas dos países en guerra.

As mulleres podemos e debemos impedir que se privaticen os servizos públicos.

A auga potábel é un recurso básico que non debe se privatizado e privado á poboación. Esta denuncia partiu no Encontro da delegada de Mali, quen alertou do perigo da provatización dos servizos máis básicos para as sociedades.

A delegada do Brasil fixo unha denuncia das industrias papeleiras que se apropiam da auga para a súa actividade industrial. “As papeleiras estanos a roubar a auga e isto impide o noso traballo da terra”

A soberania alimentaria, que vai ser o tema central do Foro do sábado 18, non se debe confundir coa seguridade alimenticia. Os agrocarburantes, representan unha utilización do agro devastadora para as persoas e a natureza. Xa Vía Campesina está a falar de necrocarburantes, porque o monocultivo é nefasto para a humanidade.

As mulleres urbanas e rurais que se deben unir para intercambio alimenticio, coñecimentos e experiencias para crear redes.

A esixencia dos dereitos para todas as mulleres por igual, a un salario mínimo, á seguridade social, e a visibilización e valoración do seu traballo foi a principal conclusión da área dedicada ao traballo das mulleres.

Rematou así unha xornada intensa, culminada cunha celebración dunha noite de solidariedade, na que as mulleres intercambiamos danzas e cancións. Segue mañá o VII Encontro da Marcha Mundial en Panxón, co intercambio de experiencias e na procura dunha análise nova e máis acaida sobre a realidade das mulleres do mundo.

Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres procedentes dos cinco continentes

Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! é o lema que enmarca o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial  das Mulleres que se celebra nesta ocasión na Galiza, sendo destacábel o feito de que este é o primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Europa.

Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras  e mulleres convidadas de países como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aínda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.

Deuse o caso de representantes de coordenadoras  que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.

O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes países e culturas.

A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e Míriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.

Na mañá do día 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, Haití, India, Italia, Kenia, Líbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, Turquía.

Na súa intervención Miriam Nobre sinalou vários aspectos preocupantes para as mulleres e que teñen que ver co modelo de mercado e as relacións económicas do mundo actual que seguen en moitos países excluindo as mulleres incluso do seu dereito de acceso á terra.

A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economía financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economía que é virtual ten impacto na economía real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.

O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra títulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas.
Conclúe Miriam Nobre que temos que construír unha forza grande  todas as mulleres para reaccionar a esta situación.

Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.

Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e Oceanía, Américas, África, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.

No contexto do Encontro Internacional, a soberanía alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de Soberanía Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saída na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema “MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDO”. Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación Marítima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres.

Acto creativo dun Milladoiro no VII Encontro Internacional

A Marcha Mundial das Mulleres quere retomar a orixe do milladoiro, cunha simbolxía inicial como construción milenaria que simboliza a ofrenda ás deusas e deuses para protexernos e guiarnos no camiño.

O propósito do noso camiño “Mulleres en marcha até que todas sexamos libres” é o que se quere plasmar coa construción deste milladoiro, que tres mozas de Belas Artes: ANA GESTO, ADA ADRIANA GARCÍA, e MARTA LÓPEZ lograron captar para crear esta peza escultórica e este espectáculo, que imos vivir o domingo 19 ás 11.30 diante da Praza do concello de Vigo.

A icona coa que se representa a estas deusas e deuses mitolóxicas/os ao longo da historia da arte é a sandalia. Este tipo de calzado existe dende a antigüidade e a súa gran peculiaridade é que quedan ao descuberto as dedas e outras partes do pé. Nesta peza escultórica únense a icona da sandalia e a icona da zoca, calzado galego primitivo utilizado pola muller traballadora como elemento simbólico dunha  identidade. A forma da zoca transmite na súa estrutura unha gran idea de forza, simbolizando a unha anfitrioa que recibe e invita a continuar o camiño.

Desta maneira unimos a forza das mulleres achegadas de todos os países do mundo coa forza de todas as mulleres achegadas de toda Galiza, nunha peza disposta en circulo, símbolo de poder, de divinidade, de proteción para comezar o camiño, neste caso a marcha polas rúas de Vigo.

Vaise realizar un grande espectáculo ideado e creado por estas tres novas escultoras-artistas coa colabooración de Uxía Pedreira e Nut teatro.

Colectivos, asociacións, cooperativas e explotacións agrarias que participan na Feira de Soberanía Alimentaria

Aquí tedes unha relación dos colectivos, asociacións, cooperativas e explotacións agrarias que participan na Feira de Soberanía Alimentaria (18 e 19 de outubro na Praza da Estrela, Vigo).

Libraria Pedreira de Santiago, ofertará no transcurso da Feira distintas publicacións relacionadas coa Soberania Alimentaria e co Feminismo. www.librariapedreira.com

Mulleres en Marcha no Suplemento Horizontal ALTERMUNDO

Portada do Altermundo

Portada do AltermundoO domingo 28 de setembro publicouse o número 17 do Suplemento Horizontal Altermundo con unha atención especial á Marcha Mundial das Mulleres e ó VII Encontro Internacional.
Baixar en pdf a toda cor.

CONTIDOS DO NÚMERO 17 de ALTERMUNDO

MULLERES EN MARCHA
Naceron hai dez anos para loitar contra as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. A Marcha Mundial das Mulleres chega a Galiza para celebrar o seu VII Encontro Internacional cun programa enchido de alternativas [Páx. 10].

A coordinadora do seu Secretariado Internacional, a brasileira Miriam Nobre, falou con Altermundo [Páxs. 8 e 9] sobre o seu colectivo, namentres que Lupe Ces, da Coordinadora Nacional Galega, reflexiona [Páx. 12] sobre como cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Sobre como cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres. Benvidas todas.

  • Pax. 2: EIVAS:
    NEOCOLONIALISMO NA GALIZA, SUR DE EUROPA
    , por Imanol Dorca (Plataforma Medioambiental de Corrubedo)
  • Pax. 3: ALTERNATIVAS:
    XEOPOLÍTICA, IMPERIO E ECONOMÍA ÉTICA
    , por Raúl Asegurado (AIS ‘O Peto’)
  • Pax. 4: PENSAMENTOS:
    O QUE NOS XOGAMOS NA TERRA DA PAZ
    , por Manoel Santos (Altermundo)
    TERRACTIVA REFLEXIONA, por Coperactiva Cultural
  • Pax. 5: MISCELÁNEA:
    DICIONARIO DO ALTERMUNDO
    (Democracia representativa e participativa, Depreciación, Desenvolvemento sostíbel)
    QUEN É VANDANA SHIVA
    O QUE LER:
    ESPAÇOS ABERTOS PARA UNHA NOVA CULTURA, de Irene Cancelas/Novas da Galiza (coord.)
    REDE DE REDES:
    MMM Galiza (feminismo.info)

    UNHA SEMANIÑA ENTEIRA, CONTRA A DÉBEDA E IFIs
  • Pax. 6-7: POLO MIÚDO:
    UNHA REVOLUCIÓN VERDE PARA ÁFRICA
    , por Mariam Mayet (Centro Africano para a Bioseguridade)
  • Pax. 8-9: QUE É O QUE DI… MIRIAM NOBRE (Coordinadora do Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulleres)
  • Pax. 10: CONVOCATORIAS:
    VII Encontro Internacional da MMM
    .
    AXENDA PARA OUTUBRO:
    Foro Social das Américas, O futuro da industria da comunicación, feminismo islámico, voluntariado, software libre, etc.)
  • Pax. 11: COOPERACIÓN:
    ACHEGÁRMONOS Á COOPERACIÓN, por Cooperación Galega
  • Pax. 12: O REMATE:
    COM PASSO IMPARÁVEL, por Lupe Ces (MMM Galiza)
    POBREMETRÍA
    , por Gustavo Duch (Veterinario sen Fronteiras)
    O NACEMENTO, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido.

OUTROS NÚMEROS DE ALTERMUNDO

Trasporte e aloxamento

 

Transporte:

Lista de concellos de onde parten autobuses para acudir aos actos do domingo 19 de outubro en Vigo (Milladoiro, Manifestación e Feira de Soberanía Alimentaria):

Confirmar telefonicamente 48 horas antes.

  • CIM de Arteixo: 981 601 415.
  • CIM de Baiona: 986 357 554. Sae o autobús ás 10h diante do Parador.
    Correio-e: cim@baiona.org
  • CIM de Cangas: 986 392 268.
  • CIM de Carballo: 981 700 688 preguntar por Nieves.
    981 704 100 extensión 2001, preguntar por Fran (Concello de Carballo)
  • CIM de Gondomar: 986 360 224. Sae o autobús ás 10h diante do Concello.
    Correio-e: cimgondomar@terra.es
  • CIM da Guarda: 986 614 648. (para xente da Guarda, Tomiño e O Rosal)
  • CIM de Nigrán: 986 383 081. Sae o autobús ás 10:30h diante do Concello.
    Correio-e: cim@nigran.org
  • Cerceda: 658 045 489.  (Mila, a partir das 15:00hs.)
  • Culleredo: Concellería Igualdade  (981 661 208  Iria)
  • Fene: Concellalia da Muller  981 342 607 – 981 492 706 – 647 434 352. (Eva Sayago)
  • Ferrol: Concellelia da Muller  981 944 240.
  • Oleiros: 981 610 00.
  • Sada: 981 620 567.  (Toñi)
  • Narón: Saída às 8hs. da Praza de Galicia (Paula 619 168 796)
O sindicato CIG organiza saida de autobuses desde cada comarca
Información e Contactos: www.galizacig.com
Tamén existe unha lista de establecimentos para o aloxamento

Aloxamento:

Apartamentos turísticos

Nome Enderezo Teléfono
Hostal puerta
del Sol
Praza da Constitución,1 986222364


Pensións

Nome Enderezo Teléfono
Agra Tomás Alonso 66 986235125
Alce Pi y Margall 102 986232058
Bouzas José de la Peña 22 986239565
986235637
Lalín Av. da Florida 14

986232699

La Nueva
Colegiata
Praza da Igrexa 3, 1ª y 2ª 986220952
Manolo Tomás Paredes 25 986231096
Nuestra Señora
del Carmen
O Carme 33 986472729
Nuevo Alonso Camiño da feira – Bembrive 986375878
Puerto de Vigo Urzáiz 83 1ª A 986228245
616706948
Vista Alegre Tomás Alonso 204 986211253


Casas de Hóspedes

Nome Enderezo Teléfono
Avenida Av. da Ponte 92 – Cabral 986262684
Brasil Brasil 48 1ºD

986413257

González Camiño Barxa de abaixo 7 Venda-Beade 986296412
La Estrella Martín Códax,5 – 1º y 2º 986225035
Puerto de
Vigo
Urzáiz, 83 – 1ºA 986228245


Campings

Nome

Enderezo

Teléfono
Canido
(2ª categoría)
Estrada Canido
Praia 151
986462072
Playa de Samil
(2ª categoría)
Praia de Samil 71 986240210

Marcha connosco para mudar o mundo!

Marcha Connosco

Marcha Connosco

Apresentaçom na comarca da Corunha do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres

  • Quarta-feira, 17 de setembro em Arteixo às 20:00hs. no Espazo Social Xoven
    (Avda. dos Bosques, 16 – baixo)
  • Quarta-feira, 17 de setembro em Oleiros às 20:30hs. na Fábrica
    (Rua do inglês, s/n, Perilho – Santa Cristina)

Coordenadora comarcal da Corunha

Feministas novas, novas perspectivas no Feminismo Internacional

O 19 de Outubro ás 17h. no Centro Social Caixanova. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo

Como parte das actividades organizadas polas mais novas da Marcha, mulheres de diferentes países falarám dos projectos e campanhas que estám a realizar no seu território, salientando as principais dificuldades e logros no seu trabalho como jovens feministas, relaçons com as companheiras mais veteranas e as possibilidades de colaboraçom internacional.

Acto aberto a todas as pessoas menores de 30 anos.

Programa da Feira de Soberanía Alimentaria

PROGRAMA:

CARPA 1 “COLECTIVOS E PROXECTOS”
Espazo dedicado aos colectivos que desenvolven proxectos de soberania alimentaria en Galiza, con exposición e venda de productos e realización de obradoiros formativos e divulgativos. Espazo para crianzas.

CARPA 2 “DEBATES E PROXECCIÓNS”
Espazo que contará cunha programación continuada ao longo das duas xornadas de feira.

Sábado 18 de outubro.-

  • 12:00hs.- Proxección documental “Nós as mulleres de aldea”
  • 16:00hs.- A Soberania Alimentaria nos proxectos de consumo responsável na Galiza.
  • 17:30hs.- Presentación de proxectos.
  • 20:00hs.- As mulleres do mar axentes da Soberania Alimentaria.

Domingo 19 de outubro.-

  • 11:00hs.- Proxeción documental “As mulleres da Via Campesina”
  • 16:00hs.- “Soberania e seguridade alimentaria, a producción ecolóxica”
  • 17:30hs.- “A artesanía alimentaria. Valoracións, regulamentación e proxectos”.
  • 19:00hs.- “Marchando pola Soberania Alimentaria, o aceso aos recursos e o ben común”.
  • 20:30hs.- Clausura

CARPA 3 “PUNTO DE ENCONTRO E FESTA”
Espazo dedicado ao encontro, ao descanso e ao lecer. Contará con exposicións, palco para concertos e actuacións e ambigú, funcionando sábado e domingo, con pequenos refrixerios elaborados con produtos do país, ademais de cafés e infusons comercializadas baixo os principios do Comercio Xusto. Na xornada do domingo, ao remate da manifestación, haberá distintas ofertas de xantar elaborado por distintas asociacións con productos locais.

A Feira será un espazo onde intentaremos reducir ao máximo a cantidade de residuos producidos.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram