Nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima.

24 de maio

Vivimos unha crise profunda do sistema capitalista global que é estrutural: non é só económica, senón tamén política, social e ecolóxica. A competencia entre potencias polos recursos naturais, polos mercados e polas cadeas produtivas está a reorganizar o mundo sobre bases de militarismo e imperialismo. As guerras, sancións e inxerencias convértense en ferramentas para asegurar intereses xeoestratéxicos, como vemos nas agresións contra pobos que resisten a dominación imperialista, desde Palestina até países sometidos a bloqueos como Cuba ou o ataque á soberanía nacional de Venezuela.

Esta dinámica vai acompañada dunha nova carreira armamentística en Europa. A UE impulsa máis cooperación en defensa mentres os estados elevan os seus orzamentos para cumprir cos obxectivos da OTAN, nun contexto no que o gasto militar leva anos medrando e bate cifras récord. Ao mesmo tempo multiplícanse os debates sobre a creación dun exército europeo e plans de reindustrialización militar.

No Estado español tamén se promove este aumento do gasto militar para alcanzar “oficialmente” (en realidade xa se superou esa porcentaxe) arredor do 2 % do PIB, en liña cos compromisos coa OTAN e coa UE, medida impulsada polo goberno PSOE-Sumar nun contexto de necesidades sociais crecentes. Esta aposta polo rearme convive coa limitación de investimentos en sanidade, educación, dependencia ou vivenda, trasladando o custo da crise á clase traballadora. O militarismo non é só política exterior: é unha forma de organizar a economía e a sociedade que prioriza a industria armamentística e o control das fronteiras por riba da vida. As consecuencias recaen especialmente sobre as mulleres.

As guerras e as políticas imperialistas provocan desprazamentos forzados, explotación laboral, violencia sexual e pobreza, mentres as mulleres sosteñen a supervivencia das comunidades mediante os coidados e a organización comunitaria. A crise global do sistema non é circunstancial, senón expresión dun modelo que precisa da guerra, da desigualdade e da explotación para continuar, e que non pode garantir vidas dignas nin pobos libres.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres loitamos por un mundo en paz baseado na xustiza social e no fin das violencias e por iso o 24 de maio, día Internacional das Mulleres pola Paz e o desarme é unha data da nosa axenda reivindicativa. Neste ano ademáis queremos que sirva como axitación de cara a gran Manifestación Nacional convocada para o 30 de maio en Vigo contra o desfile das forzas armadas.

Non á guerra na Ucraína! Non á OTAN!

A tensión e a escalada militar que se está a producir na Europa do Leste nos últimos días e que alcanzou a súa cimeira a raíz das declaracións de Vladimir Putin ten consecuencias perigosas para os pobos da Europa. Rusia e Ucraína. O envío diario de soldados e a carreira armamentística no medio do belicismo do imperialismo fan que a situación sexa moi preocupante. O mundo está de novo ao borde dunha guerra, tras as ambicións imperialistas, polos intereses económicos, desexosas de demostrar as súas pretensións de gran Estado. O custo desta guerra será moi elevado, especialmente para os pobos da Ucraína, Rusia, Europa e todos os países da rexión. 

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sempre afirmamos o noso compromiso coa loita pola paz e o rexeitamento á guerra e á militarización da sociedade. Porque a guerra é unha das expresións máis vivas da discriminación das mulleres e das crianzas. 

A coordenación da Marcha Mundial das Mulleres da rexión de Oriente Medio e Norte de África – MENA denuncia a guerra contra o pobo ucraíno, que se dirixe especialmente a mulleres e crianzas. Destacamos a magnitude do impacto desta guerra na rexión árabe, especialmente as zonas de conflito nas mulleres e crianzas de Palestina, Iemen, Líbano e Siria. Expresamos a nosa preocupación polos ataques ás mulleres e crianzas contra o seu dereito á paz e á seguranza; e tamén o temor de que a poboación sufra o mesmo destino que as mulleres e os nenos palestinianos polo roubo das súas terras e os ataques diarios contra as necesidades básicas da vida, respectando os dereitos humanos e a lexitimidade universal desde 1974, a guerra da entidade sionista contra o pobo palestiniano. 

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, rexeitamos calquera ameaza e ataque militar contra un Estado soberano. A independencia e a integridade territoriaol de Ucraína deben ser respectadas. Estados Unidos e a OTAN deben anunciar que retiran as súas mans da Ucraína, e deben deixar de enviar armas e municións ao país o antes posíbel. O imperialismo está repetindo o que fixo no Iraque e Siria, esta vez de forma diferente na Ucraína, e unha vez máis causando sufrimento aos pobos do mundo. O conflito entre as grandes potencias fai que a humanidade pague un alto prezo. 

A Marcha Mundial das Mulleres solidarízase con todas as forzas políticas e sociais da Ucraína, Rusia e de todo o mundo que defenden unha solución pacífica á guerra. 

Nós, coa nosa posición antiimperialista e antibélica, mobilizaremos ñas mulleres na loita contra a guerra na Ucraína e na rexión. 

Resistimos para vivir, marchamos para transformar!

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram