25N Feminismos para vivir, en Radio LiVerdade

O pasado mes de novembro activistas da Marcha participaron dun especial de radio para falar de feminismo galego. Deixámosvos aqui o enlace para que desfrutedes do programa:

Alba Pazos e Manuela Iglesias moderan un faladoiro no que contamos coa presenza de  Belem Andrade, muller, poeta, nai, cociñeira e activista do colectivo As do 8, Antía Pousa e Lucía Cedrón, da Marcha Mundial das Mulleres, Georgina Olivera, activista feminista e LGTB, Laura Camino,  investigadora na Facultade de Filoloxía da USC e Sabela Mallo, investigadora na facultade de psicoloxía da USC, as dúas toman parte da Asemblea de Investigadoras de Compostela.  Tamén contamos coas opinións en audio de Berta Vega, terapeuta do reencontro e sexóloga, Paz Filgueira, xuíza do xulgado de Violencia de xénero de Vigo, Alba Nogueira, catedrática de dereito administrativo da USC e integrante da Rede Armela, Daniela Fernández, presidenta de Amizando, e Laura Bugallo, feminista e acivista LGTB.

Coñece a MMM no Brasil

Temos a fortuna de compartir unha lingua con compañeiras feministas dos cinco continentes, nesta ocasión recomendamos a páxina web da Marcha Mundial das Mulleres no Brasil.

Na súa páxina coñecerás a filosofía da Batucada feminista, os Butecos feministas que son espazos de diálogo e convivio e terás acceso aos pronunciamentos das compañeiras en relación ás loitas que libran no país e en toda América Latina.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram