Reunión do secretariado europeo da Marcha Mundial das Mulleres

Este fin de semana terá lugar en Donosti a reunión da Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres que terá como tema central a preparación do IV Acción Internacional que decorrerá no 2015 nos cinco continentes.

O proceso de debate e preparación da IV Acción Internacional deu comezo en agosto de 2013 no Encontro Internacional de Sâo Paulo e continúa o seu percorrido co encontro da coordenación europea onde se trazarán as liñas estratéxicas e o calendario da acción que percorrerá europa dende o 8 de marzo ata o 17 de outubro de 2015.

Unha delegación da coordenadora nacional galega da Marcha Mundial das Mulleres estará este fin de semana en Donosti para participar no debate e organización da IV acción xunto con feministas de máis de 10 países que coordenarán a acción a nivel europeo.

Ante o novo asasinato machista en Galiza

2014-08-25 12.23.48web.jpg

A COORDENADORA GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO en Barro (Pontevedra)

Mónica foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

Sumamos a nosa voz á do resto do feminismo galego e convocamos e participaremos nas concentracións que se convoquen estos días no noso país. CONCENTRACIÓNS:

MARTES 26

  • Vigo, ás 20h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ferrolterra, ás 20h na Casa do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ourense, ás 20h diante da subdelegación do goberno (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Lugo, ás 20.30h diante do Concello (Coletivos cidadáns)

MÉRCORES 27

  • A Coruña, ás 20h no Obelisco (Acción feminista da Coruña)
  • Compostela, ás 20.30h na Porta do Camiño. (Feministas de Compostela)
  • Pontevedra, hora e lugar por confirmar. (Coletivos cidadáns)

BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA! EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

2014-08-25 12.23.48web.jpg

Imaxes das concentracións de denuncia polo asasinato machista de Sara en Pazos de Borbén

Imaxes das concentracións de denuncia polo sexto asasinato machista na Galiza durante o 2014 que tivo lugar en Pazos de Borbén, Pontevedra.

Estas son as accións realizadas nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres:

Vigo

Ferrolterra

Ourense

BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA!

Convocatorias ante un novo asasinato machista na Galiza

violencia 1.jpg

Ante o asasinato machista en Pontevedra o movemento feminista galego convoca concentracións mañá venres 31 ás 20.00h nos seguintes puntos do país:

 

  • A Coruña ás 20h no Obelisco, movemento feminista da Coruña
  • Compostela ás 20h na Porta do Camiño, movemento feminista de Compostela
  • Vigo ás 20h no MARCO, Marcha Mundial das Mulleres
  • Ferrolterra ás 20h na Casa do Concello, Marcha Mundial das Mulleres
  • Ourense ás 20h na Subdelegación do Goberno, Marcha Mundial das Mulleres

violencia 1.jpg

A Marcha Mundial das Mulleres condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, Palestina.

A Marcha Mundial das Mulleres condena a violencia extrema que Israel está utilizando na franxa de Gaza e esixe que se pare de inmediato con calquera tipo de ataque, neste ou noutro territorio Palestino.

Desde hai máis de sesenta anos, e cunhas condicións de vida cada vez máis deterioradas, a poboación palestina sofre a diario nun estado de apartheid: expropiacións ilegais, brutais detencións, discriminación, acoso, graves limitacións no acceso aos seus dereitos básicos… A violencia sistemática que miles de palestinos y palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato, e a comunidade internacional non pode continuar calada. As autoridades israelís, apoiándose no seu exército, intensificaron recentemente a súa escalada de violencia e os brutais ataques contra os dereitos de civís palestinos. Fai unha semana, ignorando todos os chamamentos internacionais, Israel lanzou unha ofensiva militar en Gaza chamada -Eixe Protector- que se ten cobrado xa a vida de muchas persoas, incluíndo nenos e nenas, e ten causado graves danos materiais, moitas (xa de por si precarias) infraestruturas civís palestinas.

A Marcha Mundial das Mulleres, mostra a súa solidariedade coas nosas irmás e irmáns palestinos, e esixe firmemente o inmediato cese dos ataques. Así mesmo, apela á Comunidade Internacional para reaccionar de forma contundente no cumprimento das súas obrigas morais coa protección da poboación civil palestina, e traballar de forma coordinada na activación dos adecuados mecanismos de rendición de contas e enxuizamento dos responsables desta masacre.

Mulleres do mundo, estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

 

 

Comunicado do Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC) Viva Palestina! liberdade para o noso pobo!

O exército de ocupación sionista, liderado polo Goberno dos Colonos, continúa cometendo crimes de guerra contra a nosa xente. Cometendo crime tras crime, masacre tras masacre. Ferindo a mulleres e criaturas, persoas anciás e familias, atacando as nosas terras, montes, edificios, violando o dereito do noso pobo a vivir con seguridade. Usan os medios máis poderosos para matar: avións, tanques e misiles avanzados.

O número de mártires xa case chega a douscentos, a metade son mulleres e criaturas, e máis de mil persoas están feridas. E aínda, o exército de ocupación continúa matando, atacando a franxa sitiada de Gaza e destruíndo os fogares de familias, deixándoas sen teito e chorando aos seus mortos. Non só se destrúen os fogares das persoas, tamén as institucións que proporcionan atención ás persoas con deficiencias.

En Cisxordania e no corazón de Xerusalén, continua a campaña de opresión, asasinatos e tortura contra o noso pobo: invaden as nosas vivendas, institucións e nos arrestan. Agora os seus crimes sionistas chegaron a un nivel máis elevado co rapto do neno Mohammed Abu Khudair que acabou coa súa cremación en vivo. Aínda, o número de persoas mártires, feridas, prisioneiras e desprazadas sigue en aumento.

Todos estes acontecementos ocorren co apoio dos gobernos do imperialismo occidental. Estes gobernos ven a liberdade, independencia e liberación do noso pobo e da nosa terra, como unha ameaza para os seus intereses na rexión. Permítese que os crimes de ocupación continúen, todo co sospeitoso silencio dos réximes árabes.

Nós, o Sindicato de Comités de mulleres palestinas (UPWC) estamos comprometidas nunha batalla de constancia e confrontación. Continuamos denunciando os crimes cometidos contra o noso pobo e a nosa terra, e condenamos o apoio occidental e a cobertura política que se dá para estes crimes de ocupación, tanto si ese apoio é directo e claro, como si está velado. Reafirmamos o dereito á resistencia do noso pobo ante o asentamento colonialista en Palestina, e insistimos no dereito ao retorno d@s palestin@s refuxiad@s a os fogares dos que foron desprazad@s. Reafirmamos ademais, o dereito de auto-determinación e do establecemento dun estado independente de Palestina con total soberanía e con Xerusalén como a súa capital.

Mentres a nosa inevitable vitoria se acerca, pedimos á comunidade internacional que asuma as súas responsabilidades hacia o noso pobo, a través de mecanismos de reivindicación clara dos nosos dereitos sobre a nosa terra. Tamén solicitamos forzas de protección internacional para o noso pobo y xuízos aos criminais da guerra sionista.

É hora de que a comunidade internacional pare de reivindicar a existencia dun proceso de paz que só beneficiou a ocupación, permitíndolle fortalecer o control sobre a nosa terra e a institucionalización de políticas racistas a través do máis horrible sistema de apartheid na historia da humanidade.

Aplaudimos a resistencia do noso pobo en tódalas súas formas e espectros e eloxiamos @s moz@s rebeldes, en tódolos campos en tódalas partes de Palestina. Tamén respectamos a tódalas persoas árabes, e de todo o mundo, que mostraron solidariedade con nós.

Tamén apelamos:

  • Ás lideranzas palestinas para afrontar a tarefa de unir a nosa xente, protexendo a nosa causa. Queremos unha lideranza que traballe para desenvolver unha estratexia nacional para a loita e que ademais, pare as negociacións e a coordinación en materia de seguridade coa Ocupación, que supón unha lousa no lado da nosa xente e a súa loita.

  • Chamamos ás masas do noso pobo para unha maior participación na loita e a unha confrontación directa coa ocupación hasta que se consiga a vitoria para o noso pobo e a nosa causa e se realicen os desexos d@s nos@s mártires e os seus seres máis próximos, e tamén das persoas feridas, prisioneiras, orfas e sen fogar.

  • Chamamos ás mulleres palestinas a pór máis iniciativa nos eventos nacionais, aumentar a súa militancia, e ser un rol modelo para outras mulleres e pobos de todo o mundo.

  • A todas as persoas do mundo libre e árabe, pedimos reforzar as mostras de solidariedade a través de eventos, e aumentar a presión nos seus gobernos para que apoien de forma real a loita do noso pobo e a inculpación dos criminais da guerra sionista.

  • Chamamos á expansión da campaña de boicot ao estado Sionista de Israel, e á imposición de sancións a nivel global, do mundo árabe e nacional. Facemos un chamamento para una campaña masiva para boicotear ?Israel?.

Larga vida para nosa xente, en lugar de todos os crimes cometidos contra o noso pobo!

Gloria, eternidade e lealdade @s nos@s mártires!

Saúde para @s nos@s ferid@s e liberdade para @s nos@s pres@s!

 

Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas

13/07/2014

 

Novo asasinato machista na Galiza

feminicidio.jpg

Hoxe tivemos noticia dun novo asasinato machista na Galiza e con este son xa 5 as mulleres asasinadas en 4 meses no noso país. A reacción do movemento feminista non se fai agardar e hai convocatorias de concentración de repulsa e resposta convocadas para este venres 2 de maio ás 20h:

 

  • VIGO, venres 2 ás 20h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • FERROLTERRA, venres ás 20h na Praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • OURENSE, venres ás 20h na Subdelegación do Goberno (Marcha Mundial das Mulleres)
  • COMPOSTELA, venres ás 20h na Praza 8 de Marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela
  • A CORUÑA, venres ás 20h no Obelisco (Movemento feminista de A Coruña)

 

O movemento feminista galego convoca novamente mobilizacións contra os asasinatos machistas, cómpre visibilizar a violencia que se esta a exercer contra as mulleres ante a pasividade das autoridades e dunha sociedade incapaz de reaccionar ante unha realidade cada día máis terríbel.

feminicidio.jpg

As mulleres esiximos o noso dereito a vivir sen violencia e a que a sociedade garanta ese dereito. Este venres tod@s á rúa contra a violencia machista!

María Elena Rodríguez Quiroga asasinada en Foz

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza queremos manifestar o noso apoio á familia de María Elena Rodríguez Quiroga asasinada en Foz este 24 de abril xunto coa nosa repulsa a un novo asasinato machista que volve situar a extrema violencia que pode chegar a exercerse contra as mulleres chegando neste caso á peor das consecuencias posíbeis, o asasinato.

Chamamos a toda a cidadanía a mobilizarse os 365 días do ano contra a violencia machista, a construírmos unha sociedade sen discriminación e sen ningún tipo de violencia que impida que as mulleres sigan a ser asasinadas polo feito de ser mulleres. Expresamos ademáis o noso apoio a todas as convocatorias que se realicen estes días para denunciar este novo asasinato e das que iremos informando cando se teña a información:

Convocatorias contra o ASASINATO MACHISTA de María Elena Rodríguez Quiroga, de Foz:

 

  • Vigo – sábado 26 ás 19.00h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ferrolterra – sábado 26 ás 20.00h na praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • A Coruña – luns 28 ás 20h no Obelisco (Movemento feminista d’A Coruña)
  • Compostela – luns 28 ás 20h Praza 8 marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela)
  • Ourense – luns 28 ás 20h diante da Subdelegación do Goberno, Parque San Lázaro (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Foz – luns 28  ás 20h na Praza do Concello de Foz (Observatorio da Mariña pola Igualdade)

 

Casos de asasinatos machistas no estado español no 2014 https://mapsengine.google.com/map/viewer?mid=zBFmINFBUaQU.kaovIsFziOyo

 

‘As mulleres deciden’/’As mulleres decidimos’ campaña na rede en defensa do dereito ao aborto

Campaña pola defensa do aborto libre tamén nas redes sociais.

Dende a coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos lanzarvos a proposta de incluír en todas as vosas comunicacións virtuais a defensa do dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo a través da ‘sinatura’.

Coloca na sinatura do teu email persoal ou no da túa organización ‘As mulleres deciden’/’As mulleres decidimos’ segundo corresponda e espalla a través das túas comunicacións habituais a mensaxe de defensa do dereito ao aborto libre!
Nas rúas e nas redes tod@s en defensa do dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos!

Como facelo en algúns dos proveedores/servizos de email
Gmail: Configuracións >> Xeral >> Sinatura
Hotmail: Ferramentas >> Opcións >> Sinatura
Yahoo: Opcións >> Máis opcións >> Sinatura
Thunderbird: Ferramentas >> Configuración de contas >> Adxuntar esta sinatura

Nós Mesmas: contra a lei de (in)visibilidade LGTBI

PRESENTACIÓN, PROCESADO PARLAMENTARIO E RESULTADO:

Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia. Esta lei foi debatida e emendada polos diferentes Grupos Parlamentarios, incluído o Grupo Parlamentario do Partido Popular, con maioría no Parlamento.

Tras a creba parlamentaria á que se someteu esta proposta, na que o PP colaborou con emendas de SUPRESIÓN na súa maioría, o resultado é unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se converterá nun documento propagandístico para o PP. A modificación parlamentaria transforma o proxecto inicial que avanzaba na protección e garantías non discriminatorias para o colectivo e que foi feito desde o diálogo coas asociacións LGTBI nunha lei “cortina” que non implica ningún avance real nos dereitos das persoas LGTBI. Unha lei esperada e esixida polos colectivos LTGBI moi específica nun principio déixanos, tras as emendas aprobadas, un horizonte carente garantías, de protección, de medidas específicas para visibilizar a diversidade afectivo-sexual, etc.

Pode resultar rechamante que hoxe non apoiemos esta proposta de lei, pero queremos denunciar que este articulado É UNHA FARSA, un completo engano no que nos quere meter o PP co seu dobre xogo: votando a favor dunha lei aparentemente igualitaria á que previamente privaron de calquera efectividade real/práctica introducindo modificacións como as seguintes:

  • Suprímese o art. 3 de definición das categorías que son obxecto da proposta de lei (orientación sexual, identidade de xénero, sexo, xénero, lesbiana…).

  • Elimínase o art. 6 sobre inversión da carga da proba, que obriga a quen discrimina a probar que non discrimina.

  • Desaparece o art. 14 de creación de protocolos de actuación ante agresións.

  • Óbviase o Título III sobre o réxime sancionador, con esta eliminación aínda que se dean agresións ou actitudes LGTBIfóbicas non serán sancionadas.

  • Elimínase o art. 11 no que se establecen medidas específicas para o tratamento nos Centros Penitenciarios, fundamentais no tratamento das persoas transexuais.

  • Evítanse referencias explícitas a articular pola igualdade de diversidade afectivo-sexual ou LGTBI, diluíndose a especificidade LGTBI no ámbito da igualdade xeral e invisibilizando ao colectivo dentro da súa propia lei.

  • Omítese deliberadamente calquera tipo de compromiso que obrigue á Xunta de Galicia a establecer medidas concretas como a creación de servizos de información, a creación dun observatorio, realización de protocolos, etc, quedando todo o articulado nunha simple e non comprometedora declaracións de intencións e recomendacións pola igualdade.

En pleno século XXI, en Galicia as persoas LGTBI son vítimas de discriminación, crimes de odio, de invisbilización sistemática en educación, sanidade, emprego ou nas diferentes administracións públicas (policía, rexistro civíl, centros penitenciarios…) acentuándose isto en contornos rurais.

As obrigas legais que os Estados teñen para protexer as persoas LGTBI fronte a estas situacións, non son diferentes das que poidan ter outros colectivos. Débese garantir o cumprimento dos Dereitos Humanos para todas as persoas procurándolles protección nos casos de discriminación, abuso ou violencia. Para chegar a este cumprimento ten que haber leis concretas para colectivos específicos, debe existir unha lei de visibilidade e non discriminación que aborde as necesidades dun colectivo como é o LGTBI, ata o de agora desprotexido.

Organismos, asociacións e activistas pola defensa dos Dereitos das persoas LGTBI:

Queremos DENUNCIAR PÚBLICAMENTE a violencia institucional á que as persoas LGTBI nos vemos sometidas co que agora se chama “Proposición de Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais en Galicia”. Unha proposta de lei cun nome enganoso que invisibiliza e desprotexe os dereitos do colectivo LGTBI con unhas falsas medidas políticas, lexislativas ou xudiciais, que pretenden empregar os partidos políticos como moeda de cambio para captar votos e “abandeirarse” na loita pola igualdadeaprobando unha proposta BALEIRA DE CONTIDOS que deixaría as persoas LGTBI nun limbo legal cunha lexislación que nada lexisla.

ESIXIMOS a implicación de toda a sociedade, e en especial dos partidos políticos galegos, cun COMPROMISO REAL E EFECTIVO COS VALORES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN ante a aprobación desta FALSA LEXISLACIÓN POLA VISIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN LGTBI recordándolles que votar a favor da súa aprobación é contribuír a pexar o AVANCE REAL EN MATERIA DOS NOSOS DEREITOS. INSTAMOSa que os partidos políticos da oposición NON SEXAN CÓMPLICES DESTA PANTOMIMA.

POR TODO O EXPOSTO ATA O MOMENTO,

 

AS ORGANIZACIÓNS E PERSOAS ABAIXO FIRMANTES consideramos imprescindible mostrar a nosa unión e posicionamento en contra da manipulación á que o colectivo LGTBI se ve sometido coa aprobación desta proposta de lei por parte do Goberno e dos partidos políticos que pretendan apoiala.

ESIXIMOS un compromiso real ante a loita contra a LGTBIfobia e pola igualdade social que se traduza en medidas lexislativas, políticas e administrativas con repercusións REAIS na sociedade.

REIVINDICAMOS o dereito de sermos escoitadas e escoitados e tidos en conta á hora de lexislar CO pobo e non só PARA o pobo.

E EXHORTAMOS aos grupos da oposición do Parlamento de Galicia, que NON VOTEN a favor desta “proposta de lei pantasma” da que o Partido Popular se apropiou e transformou en mero papel mollado.

Só o Partido Popular podería invisibilizar cunha lei de visibilidade.”

http://leidevisibilidade.blogspot.com.es/

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram