// A violencia machista e a represión franquista contra as mulleres. Montse Fajardo.

Hoxe da man das compas de Orgullo Galego , haberá unha conversa con Monste Fajardo sobre a violencia e represión contra as mulleres no franquismo.

Fundamental visibilizar ás invisibilizadas.

+ info sobre Montse Fajardo: https://gl.wikipedia.org/wiki/Montse_Fajardo

Vídeo da conversa de Montse Fajardo: https://www.youtube.com/watch?v=V_n80Iiio4k

twitch.tv/orgullogalego

// Compostela: sentada o 25N convocada por URXE! e Xuntxs por políticas

Comunicado en apoio á sentada convocada por URXE! e Xuntxs por políticas o 25N en Santiago de Compostela.

A USC leva anos branqueando a violencia patriarcal no seo da súa institución.

Centos de alumnas vense inmersas en situacións de acoso, abusos e agresións nas súas aulas, por parte de compañeiros e profesorado sen que a institución que ten obriga de ofrecerlles espazos seguros, a USC, se manifeste e posicione contra tales violencias, tomando medidas contra elas.

As mulleres accedemos a unha universidade pública onde somos constantemente violentadas sen que tales actos teñan consecuencias. Debemos seguir compartindo espazos cos nosos abusadores e agresores, ou decidir abandonar os nosos estudos e vida para resgardarnos nun espazo seguro onde non sintamos continuamente medos que coartan as nosas liberdades de ser e estar. Porén, eles seguen impunes, nos mesmos espazos, onde seguirán acosando, abusando e agredindo a outras compañeiras.

É por todo isto, que as organizacións estudantís URXE! e Xuntxs por políticas da USC están a convocar unha sentada para o vindeiro 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, diante de dita facultade e en dous tramos horarios (12:00 – 13:00h e 17:00 – 18:00h).

Reclámase que:

– A USC sexa un espazo seguro onde todas e todos poidamos disfrutar dunha docencia de calidade e segura.
– As persoas agresoras deixen de gozar de impunidade como até o de agora.
– A seguridade e comodidade de todas as alumnas nas súas aulas.

Dende a Marcha Mundial de Mulleres da Galiza queremos mostrar todo o noso apoio e solidariedade coa mobilización convocada e coas mulleres vítimas desta violencia patriarcal na USC, animando a todas aquelas que poidan a participar nesta sentada e mobilizarnos unha vez máis polos nosos dereitos, polas nosas vidas. Ver menos

25N Combater a xustiza patriarcal para acabar coa violencia machista

📣 Mobilizámonos contra as violencias machistas!!! 📣 Convocatorias do feminismo galego 👇👇💜

➡️ A Coruña, 20h Manifestación! desde o Obelisco
➡️ A Estrada, 20.30h Diante do Concello
➡️ As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital.
➡️ Barreiros, 20h diante do Concello
➡️ Betanzos, 20.30 h detrás do Palco da Música
➡️ Carballo, 20h na Praza do Concello
➡️ Carnota, 19.30h Praza de Pedra
➡️ Catoira, 20h no adro de Catoira
➡️ Cee, 20.30h na Praza 8 de Marzo
➡️ Celanova, 19.30h na Praza Maior
➡️ Cervo, 20h Praza dos Campos (San Cibrao)
➡️ Chantada, 20h na Praza do Cantón
➡️ Compostela, 20h Praza 8 de Marzo
➡️ Fene, 17h na Praza do Concello.
➡️ Lalín, 20.30h no Km0
➡️ Lugo, 19.30h diante do Xulgado.
➡️ Melide, 20h Praza do Convento
➡️ Muros, 20h diante do Concello
➡️ O Porriño, 20h. na Praza do Concello
➡️ Ordes, 21h na Alameda
➡️ Ourense, 12h diante dos xulgados novos 20h Manifestación desde Subdelegación do Goberno
➡️ Padrón, 20h na Rúa Rosalía de Castro
➡️ Pontevedra, 19.30h Audiencia Provincial
➡️ Ribadavia, 20h Praza Maior
➡️ Ribeira, 19h Praza do Concello
➡️ Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa.
➡️ Vilaboa, 19.30h diante do Concello
➡️ Vilalba, 20.30h Praza da Constitución
➡️ Vila de Cruces, 20.30h Praza do Concello
➡️ Vilagarcía, 20.30 desde Praza Galicia
➡️ Vigo, 20h Manifestación! desde Vía Norte
➡️ Xinzo, 20h Praza Carlos Casares

#ViolenciaMachista#XustizaPatriarcal#SeÉMachistaNonÉxustiza#RespostaFeminista#FeminismoParaVivir#MachismoMata#BastadeMachismo

MANIFESTO 25N DE 2021

MATERIAL PARA DESCARGAR

//Encontro Nacional 20/11 A Estrada.

Unha marabillosa xornada de debate e reflexión colectiva que nos vai axudar a seguir construíndo un feminismo galego forte cunha axenda propia que enfronte aa dificuldades e as violencias que nos travesan como mulleres e como traballadoras. Moitas experiencias compartidas e a vontade de seguir encontrádonos e coordinando o noso traballo.

Hoxe saímos de A Estrada máis fortes e máis convencidas de que temos moitos debates aínda que abordar e que o faremos con audacia e valentía.

Publicaremos as conclusións completas tiradas no encontro que nos marcarán as liñas de traballo nos próximos meses centradas sobre todo en:

🟣 Apostar por accións e mobilizacións máis combativas

🟣 Traballar nunha axenda presente todo o ano que leve a repercusión nas rúas a conseguir melloras reais nas vidas das mulleres.

🟣 Reforzar o traballo local para que o feminismo sexa un axente político máis nas nosas vilas, aldeas e cidades.

🟣 Defensa inquebrantábel da participación das compas trans no feminismo galego.

Galería de imaxes do encontro:

// Ourense: mobilización SOS Ourense

Hoxe estivemos nas rúas de Ourense defendéndenos contra o desmantelamento das políticas de igualdade de PP e Jácome

✅ Para denunciar a ausencia total de políticas con perspectiva feminista no Concello de Ourense.

✅ Para denunciar o incumplimento sistemático dos Plans de Igualdade/Equidade do Concello de Ourense.

✅ Para denunciar a desaparición de facto da Concellería de Igualdade área que hoxe non ten apenas peso no organigrama do goberno.

✅ Para demandar a recuperación das actividades de sensibilización , prevención e empoderamento arredor do 25N e 8 de Marzo.

✅ Para demandar a recuperación das subvencións para colectivos que traballan no ámbito da igualdade e o feminismo.

✅ Para denunciar a un Alcalde machista.

Galería da mobilización:

// Vigo: Garantía de Vida, documentario.

Este xoves 11 de novembro, coa colaboración de AGARESCO a Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo estreará o documentario Garantía de Vida, documentario que fala da loita pola despenalización do aborto na República Dominicana.

O aborto sigue sen ser parte dos dereitos fundamentais para as mulleres a nivel global, coñecer as conquistas dos feminismos do mundo é tamén o noso labor como feministas.

Multicines Norte (Vigo) ás 20h.

A non perder!

// Mobilización en repulsa do ataque transfóbico en Lugo

Un home tira dunha ponte a unha muller para intentar matala, hoxe sabemos que se trata dunha muller trans e que ademáis de misoxinia o acto tamén é LGBTFóbico. Cómpre frear o odio con organización e redes de apoio e resposta fronte á violencia patriarcal, en calquera das súas formas.

Ante a agresión tránsfoba que tivo lugar en Lugo a resposta dos movementos feminista e LGBT da cidade terá lugar este venres!

Acude e difunde!

// Coloquio: De que falamos cando falamos de feminismo decolonial? con Karina Ochoa

Neste mes de novembro teremos a oportunidade de achegarnos ao feminismo decolonial da man de Karina Ochoa, socióloga e activista feminista mexicana coa que conversaremos en Ourense e na Coruña. “De que falamos cando falamos de feminismo decolonial?” quere ser unha achega a este feminismo que analiza o proceso de colonización e o papel que nel xoga o patriarcado, desmontando a ollada eurocéntrica branca sobre os procesos de opresión e as propostas de emancipación.

Non perdades a oportunidade!

Se queredes coñecer algo máis a Karina Ochoa aquí vos deixamos algunha ligazón:

https://www.comunalizarelpoder.com.ve/…/deco…/modulo-3-0

https://www.elsaltodiario.com/…/karina-ochoa-feminismos…

https://www.youtube.com/watch?v=neRrBoGiuLE

// Vigo: Por que falamos de prostitución no marco da violencia machista?

O xoves 4 de novembro temos un Vigo a oportunidade de debater dun dos temas que máis controversia causa no movemento feminista mas sobre o que é preciso traballar para construír un mundo libre de violencia.

Achegádevos a participar no coloquio e a escoitar a Silvia Pérez Freire.

+ info sobre a poñente: https://imaginariosyrepresentaciones.com/miembros/silvia-perez/

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram